- As abellas, ante un cambio de temperatura na colmea, son capaces de xerar correntes de aire para quentarse ou arrefriar un pouco o ambiente
- Unha vez castradas, durante o inverno son alimentadas polos seus donos, utilizando grandes cantidades de azucre con auga (entre outros)
- O mel cando baixa de certa temperatura tende a cristalizarse. É un FALSO MITO que o mel cristalizado sexa así porque se adultera con azucre. esta cristalización É ALGO NATURAL e quere dicir, en realidade que esa mel non foi tratada nunca nin sometida a ningún proceso de calor.
- Se queres que o mel non che cristalice, ou descristalizalo, podes bañar o bote que o contén ao baño maría, desta maneira nunca máis cristalizará.
- O mel non se altera, non se bota a perder, debido á grande cantidade de glucosa que ten, que impide que as bacterias rompan a súa estructura e se deteriore (pregaría que algún biólogo me confirmara estas palabras, xa que non atopo outra maneira – dende a miña ignorancia técnica – de explicalo)
- Como proba do anterior, disque Alexander Magnus foi transportado unha vez morto dende Babilonia ata alexandría nun recipiente de arxila cheo de mel para que o seu corpo non se descompuxese
- O bater das alas das abellas é a principal ferramenta de comunicación entre elas, que pode indicar ata a qué distancia se atopa un “xacemento” de flores con néctar.
- Se es alérxico, a picadura das abellas pode ser mortal. Ten moito ollo cando pasees polo monte. Hai produtos como con alta concentración en amoniaco para combater estas picaduras. En caso de urxencia, a orina humana tamén pode aliviar (coma no caso das medusas?)
- As abellas NON MORDEN, PICAN cun aguillón no fondo do seu abdome. Este aguillón despréndese do corpo delas unha vez se crava no seu obxectivo, polo que é certo que as abellas “so pican unha vez”. Unha vez pican, morren case irremediablemente. As avispas morden, e poden facelo varias veces. De feito, se poden, fano.
- Os aguillóns das abellas, aínda que desprendidos do seu corpo, poden cravarse ata 2 horas depois de desprenderse. Tede coidado. Eu xa me piquei varias veces con aguillóns que quedan na roupa de apicultor.
Espero que vos resultara interesante. Por certo, que se queredes mel, sigo tendo ao redor de 400 litros… ;)
ACTUALIZACIÓN:
@sevepez aportoume esta mañá – a través do twitter – uns interesantes datos:
- As abellas comunicanse por bailes. Os microorganismos non soportan a presion osmótica (lisis osmótica)
- Algunhas formas de resistencia (esporas de Clostridium e probablemente Bacillus) poden “vivir” na mel
- As abellas están morrendo a centos e ninguen sabe con certeza por que? Estas mortes incrementáronse moito nos ultimos 3 anos, e existen correlacions positivas co incremento de glifosato e acetacloro
Con estes datos tivemos un pequeno debate sobre a causa da morte das abellas (que é maior do que todos quixéramos) e concordamos que a causa pode ser o uso intensivo de produtos insecticidas.
Moi agradedido polos aportes, Seve!
Carai, Berta, déixasme pampo! :D houberas disfrutado da conversa con @sevepez (mira a actualización)
Un saúdo dende o outro lado do “charco”!