A intención inicial era facer deste artigo un consello… pero vista como está a privacidade, espero que se convirta nunha obriga para vós,  a realizar un par de veces ao ano polo mínimo.

seesmic desktop facebook constant authorizationEstou de acordo en que rexistrarse nunha web ou aplicación é un incordio. Cada día me gusta menos ter que dar os meus datos e busco solucións de “botón gordo”. Quero pensar que esa situación non é só cousa miña, senón que é compartida, asi que – intúo – desde que nos podemos loguear vía twitter ou facebook… moitos usamos esa maneira de encher os formularios pola súa sinxeleza.

O problema, sobre todo con facebook, é cando nos pregunta a qué información e opcións teñen acceso esas aplicacións. Acostumados a un mundo de windows onde as intalacións era “seguinte > seguinte > seguinte > aceptar > iniciar”, damos por defecto máis permisos dos que sería preciso.

A solución consiste en revisar ditos permisos en cada unha das plataformas, para revocar o acceso se fose preciso.

En Facebook, mírase nesta ligazón (se estás logueado), ou indo a “configuración da conta” > “aplicacións”

fb apps1

En Facebook, a través do botón “editar” de cada aplicación, podemos cambiar os permisos desa mesma aplicación sen ter que eliminala.

En Twitter, a través da rodiña de axustes > “configuración” > “aplicaciones” (se estás logueado, nesta ligazón)

tw aplicaciones1

Esto non é ningunha tontería. Moitas veces enchemos o muro doutras persoas con actualizacións destas aplicacións que pouco positivo nos aportan. A min, por exemplo, non me gusta que outros vexan o que escoito en Spotify, nin o que leo en Scrib ou Slideshare se non decido eu compartilo.

Ademáis, algunhas das apps que autorizamos son unha estupenda fonte para recadar datos de terceiros e acabar sendo vítimas de spam.

Polo menos un par de veces ao ano, revisade as aplicacións ás que lle concededes permisos a través das principais redes sociais.