A petición de @luciacd, colega e compañeira do metal, ilustro un pouco o que vos contaba nun post anterior… en qué medida as redes sociais serven para dinamizar eventos.

Alén do que significa cada barra, cóntovos que o eixo x representa a liña temporal… notaredes que hai unha semana baleira… esa semana estiven enfermo.

Adiviñades cal é a s emana na que se celebrou a XGN? tic… tac… tic… tac… se pensástedes na penúltima, estades no certo (celebrouse entre o 15 e o 17 de abril).

Entón, por qué destaca unha semana (sobre todo en aumento de seguidores)? Pois porque foi o momento no que se fixo pública a web, o formulario de inscrición, e se intentaron solucionar (na medida do posible) todas as incidencias que puideron existir (que non foron poucas).

xgn thumb11A unidade é (1), e o que representa cada semana é o número de unidades (máis) con respecto á semana anterior.

A miña (curta) experiencia neste mundiño lévame a pensar que comezamos a ver trazos de especialización no Social Media, e que posiblemente nun futuro próximo vexamos varias especialidades de CM’s… pero quedará para outro artigo no blogue :)

ACTUALIZACIÓN: A conta de tuíter da que falo é @xuventude, que se me esquecía dicilo! (de novo grazas a @luciacd por decatarse da falta)

3 Respostas

  1. [DISCLAIMER] Se chegaches aquí e participaches na XGN, espero que o pasaras ben e fose do teu agrado. Se non foi así, por favor, o mail para suxerencias é xgn.benestar@xunta.es. Tamén podes contactar con eles nas redes sociais.
    Este non é o fóro indicado para falar do que fallou ou deixou de fallar. Espero que o comprendas :)

  2. Xabier,
    Grazas polo gráfico! É interesante ver como hai máis incremento en tódolos indicadores antes do evento que despois. Supoño que nun evento con menos, ehem, incidencias os incrementos sería maiores na semana na que ocorre. Aínda que tamén é interesante aumentar os seguidores antes, en preparación.
    Un saúdo.

  3. Dende logo que un evento con menos incidencias tería unha gráfica ben diferente… como apuntas, sobre todo durante a realización do evento. Sen embargo, e facendo acopio dun ego crecido, quédome co positivo de que o uso intensivo previo ao evento puido deberse a que os usuarios detectaron unha canle de comunicación coa administración máis efectiva e, a todas luces, máis comunicativa.
    É algo no que levamos traballando dende setembro e polo que cada día se aposta máis dende a administración
    (fin do modo:ególatra)
    D: