Regreso ao blog despois dunha boa tempada, así que prefiro facelo por esa portiña pequena na que deposito cousas fóra da temática habitual (o meu caixón de-sastre)
Aproveitando que estamos en campaña electora, vou facer unha reflexión sobre un colectivo que está a sufrir a crise dunha maneira máis elevada que o resto dos traballadores: os AUTÓNOMOS.

¿Por qué a clase autónoma (si, clase; os millóns que son, perfectamente poderían terse considerados unha clase) é sobre a que maior presión fiscal recae?

Autónomo ou pagadores de impostos "de luxo"
Autónomo ou pagadores de impostos “de luxo” photo credit: kenteegardin

 

Ser autónomo implica un pago mensual de 276€ ás arcas de Facenda e mailo 20% de todos os ingresos que recades: un 15% en forma de IRPF que ha de facer quen pague a factura por ti, e outro 5% que se axustará á hora de facer a declaración da renda para o ano seguinte.

É certo que hai bonificacións dun 30% das cuotas mentres es menor de 30 anos, e un IRPF reducido para os que levan menos de 2 anos de actividade… pero non é suficiente. Nin equitativo.

Non é equitativo ese 20% porque non todos os autónomos facturan por igual: un autónomo que facture 10.000€ ingresará unha porcentaxe semellante de IRPF á dun autónomo que facture 100.000€. Todos sabemos que cando comezamos a traballar como autónomos é difícil cubrir gastos e incluso ter un beneficio a curto prazo, polo que unha COTIZACIÓN POR TRAMOS aliviaría a presión fiscal inicial.

As viagra da seguridade social son moi elevadas. Non se parecen nin de lexos ás cotas que un asalariado destina dende o seu salario bruto. É certo que o empregador do asalariado faise cargo da seguridade social (ascendendo a case un 40% do salario bruto) pero tamén a precariedade dun autónomo, se mo permitides, é por regra xeral moitísimo maior.
Propoño un sistema de cotas paralelo á cotización por tramos do IRPF e moito máis progresivo.

Estaredes pensando que a picaresca tamén se aproveitaría destas propostas, pero hai formas indirectas de loitar contra estas: concesión de créditos, axudas e subvencións proporcionais aos ingresos declarados…

Se vos interesa o tema, podemos debatilo. Hoxe, agora mesmo, podo dicir que compensa máis ser empregado ca autónomo, ostentando neste momento as dúas posicións.
Desculpade as incorreccións que poida haber sobre os datos non concretos. Non teño os datos de Facenda diante, así que permitídeme un pequeno erro sobre as cifras.

Un autónomo é, en realidade, un pagador de impostos “de luxo”

7 respostas

  1. Interesantísimo analise que reflicte exactamente o que lle pasan aos traballadores hoxe en dia. Vexo un grave inconvinte por exemplo no tema das subencións e creditos que moitas veces a xente non accede a elas por tema de que os requisitos son demasiado altos.

    Outra cousa que me parece moi mal e que hai moita discriminación. A un traballador asalariado mandanlle o borrador da renta e a caixa ou banco onde teñas a nomina revisacho e tramitano completamente gratis. Un autonomo ou paga a alguén que o faga (xestoría) ou tense que mover e informarse para darse de alta nos epigrafes correspondentes en facenda, falar ca Seguridade Social, cada 3 meses facer o modelo 130 eo 303, a continuación declarar o IVA de todo o ano no modelo 390 e para rematar ven a declaración da renta onde tes que desglosar todo o que fixeches durante todo o ano, pedir extractos ao banco e comprobar mil e unha vez que todo vaia ben. Na oficina de facenda se preguntas algo referente a un dos papeis xa che soltan o de “eso teno que levar a unha xestoría” sen embargo un asalariado cambia o conto “confirme o borrador e xa está” Penso que debería ser o revés o autónomo paga mais cantidade en impostos polo que debería ter mas comodidades.

    O país levantano os autonomos non os asalariados polo que… ¿porqué se trata mellor a estes últimos?

    Demonos conta que fai poucos anos un autónomo non tiña dereito nin a baixa laboral e inda hai moitos puntos que mellorar para chegar os luxosos dereitos que ten un asalariado, facendo comparanzas.

  2. 1- Os autónomos NON son o sector que máis paga a crise.
    En 2007 había 3.120.000 autónomos agora hai 3.090.000 é dicir: un 1% menos
    Sen embargo hai un 179% máis de desempregados agora. A diferencia respecto á clase traballadora é bastante notable

    2- Os autónomos non só non son pagadores de impostos “de luxe” se non que apenas pagan impostos. Un autónomo declara 8.300 € menos de media que un asalariado.
    http://www.cincodias.com/articulo/economia/autonomo-declara-8300-euros-media-asalariado/20110718cdscdieco_1/
    Alguén pensa que un empresario contrata a un empregado e lle paga menos do que gana el? Alguén cre que o fan todos?
    Por certo, volvendo ao punto 1) antes da crise declaraban máis ou menos o mesmo…

    3- Pasas bastante por alto o punto de que “o empregador do asalariado faise cargo da seguridade social”… Aí tes a chave do asunto. E é que iso simplemente é un formalismo; non aparece na nosa nómina pero sae do noso traballo/salario bruto.. E se o tes en conta cambiache conto non é?

    Dito todo isto, estou “superafavor” de implantar unha cotización máis progresiva para vós… xa que me parece un freo moi gordo a novas incorporacións.
    Pero como colectivo tedes que facer moita autocrítica, pagar máis e facer menos trampas. Porque aos autónomos legais tamén vos afecta.

    1. Dani, sobre o punto 1, permíteme dicir que a precariedade laboral do século XXI é a capitalización do paro para facerse autónomo. É por iso polo que o sector autónomo non descendeu tanto en termos xerais… porque moitos traballadores asalariados coma min fixemos o de facérmonos autónomos “para capear a crise”, aínda que a xogada non vai a saír tan ben para todos.
      Sobre o punto 2, os ingresos medios declarados non podo aceptalos coma un indicador da porcentaxe de impostos que cada traballador aporta (son dúas variables independentes).
      Sobre o punto 3… que sae QUÉ da nómina dos traballadores? No salario bruto NON aparece a aportación do empresario. Dito esto, non estaría demais que si aparecese, simplemente a modo informativo

  3. 1- Comparar un 1% con un 179% é “hilarious”. Por outra banda, os ingresos declarados dos autónomos.. tampuco variaron! Por tanto, non sei eu de onde vemos que son os que peor están a levar a crise.

    2- OK, aínda que o que pagas depende do que gañas…

    3- Non aparece na nómina pero é un custo laboral máis, como o salario neto ou as “contingencias comunes”. Polo tanto algo que os traballadores asalariados estamos a pagar. Eu tampouco collo o % de “contingencias comunes” e o levo á Seguridade social. Iso tamén o fai o empresario por min (espero). Con esa outra partida ocurre o mesmo. E creme que entre todo é ben máis que 276 Euros ao mes.. por iso tedes a opción de cotizar máis que o mínimo… opción que… SORPRESA, os empregados non temos! Eu non podo decidir cotizar un mínimo e despois xa pagarei máis aos 50 para que me quede unha pensión chula… e mentras os médicos que os paguen outros.

    Todo isto non quere dicir que eu pense que os autónomos sodes o demo.. ademais que eu non desboto ser autónomo. Estou de acordo en que igual debería haber máis tramos, nesas cousas que comentas ás veces de pagar o IVA de facturas non cobradas, etc. Todo iso paréceme chungo e unha putada. Pero para min que vos pasades co victimismo e pasades algo polo aire o tema do megafraude masivo . E os autónomos legais, deberían estar interesados niso tamén.

    Repito a pregunta agora con resposta: Manolo o fontaneiro contrata a Paquiño para “que lle axude” cun contrato de aprendiz e págalle máis do que gana él? NON.

  4. Dani, como vexo que a conversa deriva (e aporta), tamén vou a engadir un par de acepcións a ese “victimismo”:
    – Pagar o IVE de facturas non cobradas (xa o comentaches)
    – Desprotección ante morosidades. O asalariado vai a FOGASA e ale, a sentarse no sofá (permíteme a frivolidade)
    – A administración é a principal MOROSA dos autónomos, cando é a MELLOR pagadora para os seus asalariados
    – O autónomo, salvo contadas excepcións, ten que buscarse o seu pan, día a día, mes a mes, que os clientes non choven do ceo
    – É certo que o que gañas, gáñalo para ti, pero… non hai pagas extras, nin vacacións remuneradas. E non vou a falar das pensións, porque non veñen ao conto e case concordo coa túa postura.

    Victimismo, dis, ante o fraude (que tamén é certo, é evidente). Non estou de acordo co de victimismo. E non che vou a dicir onde vexo o victimismo porque entón si que arte o comentario ;)
    Ah, e sobre o fraude… tamén os cidadáns o consentimos… que non é o primeiro que me pide unha web “sen iva” para que lle saia máis barato.

  5. Xabi, como dixo aquela señora: “es sierto todo eso”. E non vos quito nada de mérito que eu non son autónomo pq me parece complicado e por agora vou tirando… pero todo se andará.

    o único que boto en falta é máis queixas para os “colegas” que vos fan a competencia desleal. E penso tamén que fai falla máis empatía entre os mini-autónomos (autoemprego ou microempesas) e os asalariados. Vós ver q os traballadores tamén pagamos da ostia (e fai falla), que tamén curramos; nós ver que a vós non vos paga nin dios a tempo… por exemplo.

  6. danielo… os autónomos non pagan apenas impostos???? do facturado entre o IVE eo IRPF e o 40% do total, a iso engadelle as cotas para a seguridade social, seguridade social que é carísima para as case inexistentes opcións que ten comparado cun asalariado. aparte de iso seguro obligatorio de responsabilidade civil, se ti non sabes tes que pagar a unha xestoria para que che faga cada 3 meses o do ive, irpf e unha vez ao ano a renta, aparte de facturación.

    Non sei o dato fixo deste ano pero un asalariado ao principios do ano pasado creo que o que pagaba de seguridade social non chegaba ao 7% do salario bruto que preto do 5% era para continxencias comuns o 2% para formación y desemprego fronte os 200 e pico euros que paga un autónomo, non consideras isto un imposto de luxo pagar moito mais polo mesmo e ter unhas prestacións moito peores.

    Ti se estás de baixa cobras sobre o 70% de teu soldo dende o primeiro dia, un autónomo creo que ten que esperar ao cuarto dia e independientemente do que cobre pois pagar a s.s.

    os asalariados teñen sindicatos con estatutos nos que reflicten moitos dereitos, libertades e comodidades pactadas cos empresarios un autonomo non ten nada de iso.

    Co autónomo declara menos co asalariado? Cantos asalariados non teñen declarado moito mais do que en realidade cobran? Moitísimos! Un autónomo non o pode facer xa que según me explicaran na seguridade social non podes pagar o que queiras a seguridade social tes un máximo que podes pagar se quere subir o máximo (e sube o minimo a forza) tes que esperar uns anos ou facturar moito, pero moito moito.

    o comentario sobre que o paro dos autónomos só baixou o 1% fronte o 179% dos asalariados reflicte o pouco que te fixaches sobre como evoluciona o mercado laboral ao longo do tempo: centos de empresas pechan perdendo a seguridade social autonomos e estas empresas botan a seus empregados. unha parte recolocase, outra vai ao paro e outros o ver a situación económica fanse autónomos coa esperanza de gañar algo económicamente ou tamén porque non encontran emprego e decidense “autoempregarse”

    eu penso que un autónomo para ter un soldo limpo coma o de un asalariado tería que facturar preto de 2000 euros sen contar gastos coma o de compra de material ao mes, e 2000 euros ao mes e moi dificil xuntalos pero que moi moi dificil.

    O asalariado queixase de que o autónomo nada na abundancia. O autónomo envexa o soldo asegurado de asalariado mentres cruza os dedos para que o rematar o mes teña algo que levar a boca.

    as cousas non son tan xinxelas como parecen tanto dun bando coma do outro.