Nin ximnasio, nin dieta. O propósito deste ano que comeza é migrar aínda máis se cabe á nube. Estas son as accións que quero levar a cabo para o meu día a día:
- Facturación online, a través de invoice2go. Unha excelente aplicación para levar a contabilidade, con app para smartphone e tableta, e aplicación para google chrome. Excelente para autónomos e freelancers en mobilidade!
- Toma de notas e apuntes, a través de catch ou evernote. A segunda é ben coñecida por todos, a primeira, cun look & feel moi xeitosiño, e un excelente
- Disco duro na nube, grazas a dropbox (e aos Gb engadidos grazas aos membros da Uvigo) e outros espazos na nube como SugarSync ou Box.
Saliento Dropbox polo seu entorno multiplataforma e os seus protocolos abertos para que case calquera aplicación poida xestionar o espazo na nube a través desta plataforma. - Correo electrónico de google. Cada día o utilizo máis: por espazo, comodidade, facilidade de uso, entorno multiplataforma, extensións para google chrome (como gmail sen conexión)
- Lector de feeds ligado a Goole Reader. Sempre fun moi fan de Reeder (a pesares de ser de pago), pero recoñezo que feedly ten unha interface moi cómoda e útil. Ah, e é de balde!
- Espazo web persoal… que seguirei confiando a Wordpress. Por versatilidade e facilidade de uso. Son un namorado de wordpress, pese a que joomla esté máis estendido para webs potentes. A fin de contas, isto é un blog, por qué non utilizar a plataforma que naceu para os blogs: wordpress?
A comunidade de desenvolvedores merece a pena: moito, moito traballo invertido en wordpress e moi, moi útiles as extensións, plugins e temas que hai para este popular CMS - E, por último, mención a quen fará posible a migración á nube: o operador de cable galego R, con quen, dende hai uns meses, teño toda a miña conexión dixital: teléfono fixo, televisión (moi útil o “rebobina”), internet e telefonía móbil (con internet e que recomendo encarecidamente) por un prezo por servizo
moirazoable.
Estas son algunhas das cousas que teño na nube e que ampliarei ou potenciarei. E ti? Anímaste a mover os teus datos á nube?
Mais ben non. Todo o contrario… Visto o caos que se crea cada vez que se cae o RIM RIM das blackberry (tenho unha) a cloud me semella un perigo e non lle vexo a vantaxe. Tenho falado con enxenheiros (de France Telecom) deste tema e eles mesmos desconfian… Se cadra unha copia (nunca hai copias abondo) pmais xamais unha dependenza exclusiva :-) Por certo, wordpress. Joomla despois do 2 e pico perdeu moito de “proxecto da comunidade” e non so é moito mais complicada, senon cara.