O martes 12 de xaneiro tivemos unha nova sesión dos webinars do Mestrado en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais onde nos acompáñou o desenvolvedor Berto Yáñez.

Cando ideamos este ciclo de webinars eu tiña moi claro a quen convidaría a este obradoiro: a unha das persoas responsables da internet galega. Non coñecía, nin coñezo, en persoa a Berto, pero sígoo dende hai anos e non me escondo: é unha das persoas que máis admiro na Internet do noso país.

O que nos ensinou foi a facer un raspado de Twitter con Twint, e tamén a descargar vídeos e fotografías desta plataforma.

E así foi como o presentei, e comparto convosco (se non estades de acordo, tampouco creo que me fagades cambiar de opinión).

Falar de Berto Yáñez – en xeral, falar dos Yáñez – é falar case de pais fundadores da internet en Galicia. Ao longo das décadas Berto participou de forma máis ou menos visible en numerosos proxectos que deron voz e axudaron a conformar a comunidade de internet galega. Aduaneiros sen Fronteiras, Chuza, e moito máis recentemente, numerosos bots de Twitter.

Quizáis a aventura máis coñecida sexa A Navalla Suiza, unha empresa que, ao marxe dos obxectivos propios comerciais, marcou un antes e un despois no saber facer do mundo web no noso país.

Agora mesmo é formador e programador front-end, e incomprensiblemente non ten entrada na Wikipedia galega. Digo isto porque, se nalgún momento algún historiador pretende documentar a historia da internet galega, Berto Yáñez ben merece un capítulo propio.

O obxecto non é outro que coñecer ou descubrirnos as capacidades da programación (como ben me indicou, non programamos) para a recopilación de datos e análise de largos volumes de tuits, neste caso.

A presentación de Berto Yáñez para os asistentes ao webinar

Logo do webinar, so podo indicar: tan bo desenvolvedor coma docente. Grazas por esas dúas horas maxistrais!