Seguro que algúns de vós xa sabedes de que estou a falar. Aqueles que teñades un nome composto sobre todo.
A alguén non lle molesta que se equivoquen no seu nome? Incluso a aqueles que non lles gusta demasiado o seu nome (concepto que me custa entender, fago fincapé).

nombreNon entro a valorar o posicionamento sociolóxico, psicolóxico ou sociopolítico do momento, pero si é certo que o nome propio de cada un é a posesión máis valiosa.

Parece unha cuestión baladí, pero agora poñédevos na posición de quen vos intenta “vender” un produto / servizo e insiste en dirixirse a vós cun nome errado. Mal camiño para vender, non sí? Os vendedores (non teñen por qué ser comerciais) insisten moito neste tema. Tratan de averiguar o noso nome e dirixirse a nós explícitamente citándonos en canto teñen ocasión.

Que se dirixen a nós polo noso nome provoca diversas reaccións:

É dicir, que somos máis receptivos. Ao inicio dicía que, quen temos nome composto, adoitamos darnos de conta antes desta situación. Xabier é o meu segundo nome, polo que cando vou ao banco (por exemplo) os empregados, así me toman o DNI, insisten en chamarme unha e outra vez “Luis”. O resultado é que nunca conseguiron venderme nin un so produto bancario ;)

O noso nome propio é unha posesión moi valiosa. É unha posesión que non nos poden quitar, que acepta ou detesta os diminutivos dependendo de quen veña, e que nos define a nos mesmos.