Como xa sabedes moitos de vós (e sei que moitos de vós compartiredes as mesmas palabras), non me gusta estar atado á televisión no que se refire a contidos e horarios. En realidade, vexo máis ben pouco a televisión, sendo o porto USB e o catálogo de R (ata o mes pasado) o que máis consumía. Desta vez quixen dar un pequeno salto máis e facer o meu consumo de ocio audiovisual un pouco máis sinxelo no fogar, e todo comezou cun pequeno trebello de Google que se chama Chromecast.

Se tedes interese en mercar un Chromecast, xa saberedes que o seu prezo é de 35€ (non me preguntedes por qué, pero amazon so me cobrou 28€) así que o máis cómo é que revisedes as opinións dos clientes para ver se compensa o produto. Se queredes saber a miña opinión, continuade lendo.

Con calquera tableta ou teléfono móbil, podemos enviar calquera contido audiovisual á televisión a través de aplicacións deseñadas para Chromecast, sen embargo, iso ten unha penalización enerxética importante para os terminais… e non quería empregar o meu teléfono ou tableta como servidor, así que busquei unha alternativa para poder ter centralizados os contidos no ordenador, pero poder consumilos dende calquera trebello… incluída a televisión.

E a solución chámase PLEX

plex1Plex é unha librería multimedia para organizar a túa videoteca ou pinacoteca dixital. Posúe aplicacións para NAS, ordenadores mac ou windows,
dispositivos portátiles… de maneira que, sempre que teñas o teu ordenador ou servidor prendido, poderías consultar os contidos noutros trebellos.

A aplicación para dispositivos portátiles ten un custe de algo máis de catro euros, pero de vez en cando aparece de balde nalgunhas tendas de aplicacións (como a propia tenda de aplicacións de Amazon, que, nunha política agraesiva por restarlle cota de mercado á Play Store, ten apps gratuítas todos os días).

Con Plex podedes organizar a vosa colección de vídeos e música (permite subtítulos, tamén) para ver no propio ordenador. É un programa moi lixeiro, e funcionará con fluidez en case calquera ordenador. Eu teñoo instalado nun imac de 2007 e vexo vídeos en HD sen ningún tipo de arrastre ou sen que apareza a “pizza de colores” que tanto caracteriza aos equipos antigos de Apple. A mesma app conéctase a internet para descargar carátulas e outro tipo de contidos, no caso de que teñades datos incompletos, así que, certamente, vos facilitará moito a organización, tan só tes que ser ordeado na nomenclatura de arquivos e carpetas!

Con Plex podo comezar vendo unha serie no ordenador, continúo no teléfono móbil, ou envíoa a TV a través de Chromecast cando estou conectado á mesma wifi. Teño que probar se funcionaría con conexións externas, pero, así, de entrada, síntoo pola memoria USB que empregaba ata este momento, que, posiblemente, pasará á historia.

Que ganiñas tiñas de falar de trebellos no blog outra vez! :)