(esta entrada tamén está dispoñible na mac-eira )
Finalmente, actualicei a OSX Lion. Quería comprobar se a nova versión de Mail era tan potente como se falaba na rede, pero atopeime con algún problemiña non esperado que se resistía a resolverse…
Cada vez que iniciaba a aplicaión Safari en cada nova sesión, este molesto pop up aparecía en pantalla.
Ao parecer, é un resto dunha extensión que tivera funcionando en safari para Snow Leopard, TabExposé (simula o expose de mac dentro da aplicación safari, con todas as pestanas abertas nese momento)
A solución consiste en eliminar esa extensión, para o que podemos probar dúas cousas (sempre con safari pechado, ollo)
1.- eliminar o arquivo /Library/Application Support/SIMBL/Plugins/TabExpose.bundle
E como a min esta non me funcionou (non existía ese arquivo) probei a seguinte maneira con éxito:
2.- Abrir o monitor de actividade e buscar o proceso Pumba. se está activo, pechalo (aínda que sexa un pechado forzoso)
Eliminar os seguintes arquivos da biblioteca de usuario. Alto! en OSX Lion esa carpeta está oculta por defecto. Se queremos vela, a maneira máis sinxela é “ir” ao finder e premer ir mentres tes a tecla “alt” activa. Así aparecera a carpeta “biblioteca” que é a biblioteca do usuario.
Agora si, eliminamos
- ~/Library/Application Support/Pumba/TabExpose.bundle ( e a carpeta Pumba tamén)
- ~/Library/ScriptingAdditions/PumbaLoader.osax
- ~/Library/LaunchAgents/com.cocoamug.Pumba.plist
Xa podemos reiniciar safari, que esa molesta ventá non aparecerá máis.