Offerpop: viraliza campañas de xeito sinxelo e en poucos minutos

Offerpop é unha aplicación estupenda para realizar concursos a través da rede social Facebook. Como xa saberedes, facer concursos a través de Facebook está prohibido. De feito, ata poden anular a túa conta.

Afortunadamente, a través de diversos desenvolvedores podemos facer uso de ferramentas sociais para levar a cabo lexitimamente (e con resultados moi positivos) concursos vía Facebook.

FanFaves galleryOfferpop – fan faves

Offerpop é unha plataforma moi versátil e con moitas opción para escoller. A “guerra de me gusta” foi a que seleccionei para valorarmos unha serie de proxectos previa votación en Facebook. Fan Faves (técnicament é como se refire á “battle of bands” é a maneira máis sinxela de obter feedback dos fans sobre novos produtos, varios ítems competindo entre si, e fácilmente compatible en Facebook.

Características

Offerpop permite:

  • Crecemento de fans (podes requerir un “me gusta” para participar)
  • Carga de imaxes ou vídeos para os ítems
  • Modificación do aspecto gráfico (me gusta, imaxe de cabeceira…)
  • Categorización das entradas que publiques baixo esta plataforma
  • Limitación do número de votos que permitirás por usuario (un por usuario, un por usuario e hora, un por usuario e día – 24h-)
  • Recabar datos dos usuarios como o enderezo electrónico
  • Informes en tempo real, e a posibilidade de expórtalos en formato .csv
  • Control anti-fraude na votación

Prezos

Os presos, ademáis, son moi competitivos, e só pagas en función do impacto que poidas ter: se tes unha páxina con 100 fans ou menos, é gratuíto. Para páxinas de menos de 500 fans, o prezo son 15€/mes (campañas ilimitadas), para menos de 1000 fans o prezo ascende a 25€/mes…

Xa, pero… canto pode medrar a miña web?

Poñamos un exemplo (real): unha páxina en Facebook que no día 1 tiña 67 fans, no día 4 sobrepasaba os 500. Non esquezades que requerir un me gusta aumentará o teu número de usuarios, e os encargados de espallar a páxina serán os participantes no concurso (cada ítem será valorado polo número de me gusta) quen viralicen a túa páxina en Facebook.