Acabo de ler en @genbeta esta información

557351

Facebook añade navegación segura mediante HTTPS y un nuevo sistema de CAPTCHA.

Se ben o feito da navegación segura me parece un adianto, o sistema de captcha non, é, nin moito menos, o idóneo.

En primeiro lugar, non é novo: se queres acceder á descarga da túa información de facebook (sabías que se pode facer? Está nas opcións da configuración da túa conta!) has de pasar este sistema de CAPTCHA.

E ten dous problemas. Acumulativos.

O primeiro é o etiquetado masivo que temos de soportar os usuarios: moitas veces etiquétannos en fotos nas que non aparecemos: paisaxes, cidades, unha flor… moi ben, obrigas ao usuario a ver esa foto, pero… ai de ti cando o CAPTCHA che pregunta cal dos teus amigos está etiquetado na dichosa flor. Non o saberás na maior parte dos casos.

O segundo é a xestión de contas de terceiros. Isto é, o traballo dun verdadeiro Community Manager.

Estou por apostar que non coñecemos nin ao 20% dos usuarios das contas que xestionamos (e iso no mellor dos casos). Hai que ter unha moi, moi, moi boa cabeza para saber cal é cada un. Pois ben, se non os coñecemos, e aínda por riba temos que identificalos… mal imos.

E se che sae unha paisaxe e tes que dicir qué amigo é o que sae nela… é mellor deixalo.

non te rías, pódeche pasar a ti!

Aínda que se poden alterar de orde, son dous fortes handicaps dun sistema práctico na teoría, pero que o uso que lle dan os usuarios ás ferramentas de facebook van a facer que teñan que alterar o CAPTCHA.