O día da (in)mobilidade

Hoxe é o último día da semana da mobilidade. Non debía ter collido o coche, pero non puiden evitalo, xa que non me quedaba outra opción para poder ir a traballar.

A miña opción de transporte público para poder ser cívica e políticamente correcto pasaban por

  • Levantarme e ir dende casa de meus pais á estación de autobuses máis cercana en Bus.
  • Coller un bús de Verín a Ourense
  • Coller un bús de Ourense a Pontevedra

Simplemente

  • Non hai autobús de casa de meus pais á estación de buses de Verín, pese a que a mediados dos 90 asinaron un contrato de 25 anos. Tería que obrigar a alguén a que levase ata a estación de bus.
  • Para poder chegar a unha hora “decente” debería coller en Verín o bus das 6:15h
  • Para chegar a Pontevedra antes de clase, tería que coller o bus en Ourense ás 9:00h

Se para ir a traballar teño que levantarme ás 5 da mañá e chegar a Pontevedra ás 11:00h… pois prefiro coller o coche.

Todas as que me caian, serán ben (ou mal, quen sabe) recibidas…