Hoxe a cousa vai de nubes. Un tema do que xa temos falado Amador e mais eu, mesmo no podcast no que falamos de copias de seguridade.

Este verán tiven algunhas incidencias coas miñas copias de seguridade e tirei algunhas conclusións que quería compartir convosco.

gray and black corded device on table copias de seguridade
Photo by Markus Spiske

Antecedentes

O verán é para min o mellor momentos para poñer a punto os trebellos informáticos. Probei as betas dos sistemas operativos, e trasteei cos meus equipos. Para o meu macbook pro de 2013 (8 anos xa funcionando!) busquei cal era a mellor versión de sistema operativo en termos de eficiencia. A solución: Mojave (xa volvo a ter un equipo que non é unha máquina de fritir ovos).

Ademais, trasteei con varios equipos de moi curto espazo de almacenamento: 128 e 256Gb, polo que era importante ter a mellor configuración que me permitise a mellor liberdade do espazo no disco

O problema

Baixar e subir de sistema operativo esixe ter copias de seguridade. En mac tíñaas en Time Machine, e funcionaban ben, pero eu quería unha instalación limpa, para que durase moito máis (limpo) o equipo, e desfacerme de lixo dixital (software que non usaba, ou usaba moi, moi, moi raramente). Pero é que ademais das copias de seguridade, eu prefiro traballar contra a nube, que me permite ter sincronizados todos os documentos importantes en varias ubicacións ao mesmo tempo: uns equipos de producir e varios máis de consumir.

Ah, si, o problema. O problema é que ningunha das nubes me foi de verdadeira axuda…

As incidencias

Teño unha nube privada nun servidor local, un NAS de Synology. O problema é que o disco duro dese Nas… morreu. Deume un erro e non permite executar a escritura. O bo é que a lectura si a permitía. Sete anos durou o disco duro, que non está mal para estar conectado 24/7, pero asumir o custe dun novo disco duro agora mesmo non estaba dentro das miñas opcións (por certo, agora o NAS apágase ás 21:00h e préndese ás 8:00h. Non tanto polo uso do disco novo, senón por unha cuestión de aforro enerxético… pero sobre esto quizáis escriba outro día).

Para o máis-máis importante teño copia de seguridade coa nube de Apple, iCloud. Estou nun plan familiar onde compartimos 200Gb. Non son moitos, tendo en conta que xa eu so teño 60Gb de fotografías. O caso é que á hora de configurar un novo equipo con esta nube… pois non sincronizaba os documentos. Non houbo forma. Durante 48h estivo intentando sincronizar e nin por activa, nin por pasiva.

Máis ben, nin por pasiva, xa que a nube de Apple é tan opaca que non hai forma de forzar a sincronización. Facendo probas, pensei no que se di dos discos duros… “procura ter un 10-20% do espazo libre para que funcionen ben”. Así que borrei cousas de icloud que non utilizaba. Do 95% usado pasei a un 80%. E así, si que sincronizou. Pero ao cabo de dous días.

Teño máis nubes: 50Gb con Mega, un plan gratuíto, con moito espazo, pero con taxa de trasferencia limitada. Limitadísima, tanto que ao pouco de comezar a sincronizar, paraba porque non había cuota ata o seguinte día. Craso erro.

Teño un plan gratuíto de pCloud, que non está nada mal, sobre todo pola velocidade de subida, pero non me chistaba nada a forma na que se integraba no sistema e como xeraba cachés (que todas as nubes o fan, eh?).

Dropbox. Xa nin o intentei. Vaia perda de tempo é o seu plan gratuíto pola falta de espazo. E non esquezo que foi aquí a primeira vez que perdín arquivos de importancia por unha mala re-sincronización. Ata sempre, Dropbox.

Google Drive. Pese a ter unha subscrición familiar de 200Gb, non utilizaba esta plataforma. Nunca me gustou como se integraba o que eles chamaban “copia de seguridad y sincronización” (quen busca por ese nome a app de Google Drive????), pero quixen probala porque non perdía nada. E descubrín que agora xa hai unha nova versión, que xa se chama Google Drive, e que mesmo permite sincronizar varias contas.

A integración que fai no equipo non acaba de convencerme: monta unha unidade externa, parece un disco duro externo pero non o é. E a interfaz da configuración paréceme contraintuitiva: non era fácil mudar a ruta da nube (a min as nube gústame telas en dispositivos externos, para non ocupar espazo nos dispositivos internos), pero deille unha oportunidade.

Os novos cambios sentáronlle moi ben, entre outras cousas porque:

As conclusións

Este verán doueme bastante a cabeza, con total franqueza. No entanto, tirei algunhas conclusións que lembrarei durante bastante tempo.

E ata aquí os nubeconsellos. Comparte, ho. Ah, e suscríbete ao meu boletín semanal, que é onde máis perdo o tempo! Esta semana prometo volver :)