Un ano máis, volvemos á carga co obradoiro “Creación, xestión e posicionamento de páxinas web desenvoltas con WordPress“. E xa van tres edicións.
Se che interesa podes facer a matrícula aquí, pero faino rápido que o prazo remata o 21 de febreiro!
Este ano non contamos co bo saber facer de Juan Hernando, seguro que ho habemos botar de menos, pero tanto Wajari Velásquez coma min poremos toda a carne no asador durante as 24h que durará o obradoiro.
Para quen é este curso?
Para aquelas persoas que queiran montar o seu proxecto web con WordPress. Non se requiren coñecementos de programación (pero está ben saber algo de html, eh?), pero si son necesarias certas competencias informáticas. Vamos, que traballes co ordenador no teu día a día.
O obradoiro é eminentemente práctico. Teremos pequenas explicación teóricas, pero son para aplicar na práctica. Ao final do obradoiro marcharás coa túa web montada, e sabendo facer outras webs.
Obxectivos
- Comprender as dinámicas de funcionamento da www na actualidade.
- Analizar e auditar unha web para a súa mellora.
- Aprender a crear unha páxina web con WordPress dende cero.
- Aprender a xestionar proxectos web existentes elaborados con WordPress. • Aplicar conceptos básicos de deseño web nun proxecto persoal.
- Crear contidos optimizados para buscadores, baseados en principios
- do marketing dixital.
- Describir os procesos do marketing dixital e aplicalos á web actual.
- De forma transversal, os contidos e obxectivos do programa proposto líganse con estes tres obxectivos de desenvolvemento sostible: educación, igualdade de xénero e cambio climático.
Dirección: Luis Xabier Martínez Rolán
Docentes: Luis Xabier Martínez Rolán e Wajari Velásquez Fernández
Datas, horario e lugar de celebración
3, 10, 17 e 24 de marzo de 2021
7, 14, 21 e 28 de abril de 2021 De 16.00 a 19.00 h
Horas: 24 (total)
Lugar de celebración: Aula de novas tecnoloxías da Vicerreitoría do campus de Pontevedra (Casa das Campás). Pero se a cosua segue así, o curso sería virtual (de xeito síncrono) a través das ferramentas telemáticas da Uvigo: Campus Remoto e Moovi.
Prazas
Número de prazas: 10
Prezo da matrícula
Prezo da matrícula: 40 € (para membros da comunidade universitaria, 26€)