Hoxe vou falar de música de series. Prácticamente arredor de 3/4 partes do contido audiovisual que consumo son series de ficción televisiva, e quería compartir convosco algunhas das mellores series que vin este ano… dende o punto de vista da música. Velaquí van as miñas catro recomendacións musicais do ano. Non teñen que ser series que se lanzaron en 2017, pero si son series que consumín en 2017.
The Sinner
Unha das últimas series policíacas (posiblemente o meu segundo xénero favorito) chamada “The Sinner” (Netflix) na que o fío condutor é unha canción tremendamente pegadiza.
Supoño que é unha tendencia a futuro; volven os 80’s, os sintetizadores e os característicos riffs de guitarra da época. Se vos prestou a música composta para “Stranger Things” tamén vos gustará esta canción. É de 2012, non dos 80’s
The man in the High Castle
Se as series policiacas son o meu segundo xénero favorito, o lugar privilexiado ocúpao a ciencia ficción, e dentro desta categorías, as distopías. Década de 1960 trala victoria das potencias do Eixe? Estados unidos dividido en dous, unha costa este Nazi e unha cosa oeste nipona. E como fío condutor inicial, unha das cancións máis carismáticas da época Nazi: Edelweiß (é unha flor).
https://www.youtube.com/watch?v=6xJ9dYvaFX4
Stranger Things
Nada que comentar ao respecto. Música hipnótica onde as haxa, volven os ’80. Ciencia ficción.
Ben, si que hai algo que comentar. Se vos gustou (algo) Stranger Things, DEBEDES ver Dark. É coma Stranger Things, pero mellor. Infinitamente mellor.
El puente
Unha das mellores series policiacas que vin ata agora. Produción sueco-danesa que toma como referencia a policías dos dous países, e ofrece tamén unha visión interesante sobre o trastorno do espectro. Serie tan recomendable como a música que a introduce
The Blacklist
Alexander Kirk, n0 14, conclusión. Este é o capítulo que conclúe con esta gran canción. Ademais, adicáronlle ao compositor o capítulo. Dos mellores capítulos da serie, cunha música á súa altura.
Tamén é de xustiza que esta serie non é especialmente relevante ou aconsellable. So se tes tempo para ver os máis de cen capítulos que teñen emitidos….
Bonus track. A música dun libro
Como é posible? Cando o libro se converte no Santo Grial da cultura Pop, todas as referencias musicais van a ser tremendamente épicas. Benvidos aos 80’s da man de Ernest Cline e o seu Ready Player One (playlist orixinal descuberta por Alberto Dafonte)
Medo me dá a película, pero o libro e a banda sonora do mesmo son excelentes recomendacións para este Nadal.
Por certo, se podo falar destas cancións é por culpa de Shazam, que é un dos meus imprescindibles no teléfono móbil, para descubrir cancións que escoito na tele (principalmente)