Un artigo de Scientific American explica con claridade os motivos polos que algunhas novas falsas se volven virais:

Por suposto, en primeiro lugar deberías saber se é unha noticia falsa ou non. Hai marabillosos servizos en internet que se adican a desmontar os bulos, como por exemplo esta conta de Twitter: Maldito Bulo.

Pero, sen dúbida, este pequeno (e gráfico) manual de Politibot é rotundamente claro.

politibo

E, se tanto che molestan as noticias falsas, failles frente

En Facebook

Denuncia a publicación. Podes facelo. Na esquina superior dereita tes unha serie de botóns entre as que se atopa “denunciar a publicación”. Sigue as instruccións e solicita a revisión dese bulo.

De feito, Facebook ten unha sección propia con información sobre as denuncias. Non dubides en consultala!

captura 2017 10 26 a las 10.33.10

(por certo, o pai de Pablo Iglesias non foi terrorista do FRAP)

En Twitter

captura 2017 10 26 a las 10.54.53Tamén tes a opción de denunciar o tuit. se clicas na frechiña que aparece na parter superior dereita do menú despregase un menú coma este. Sigue os pasos de “denunciar tuit” e, se sodes/somos bastantes, seguro que conseguimos que se bloquee a conta.

Non sería a primeira vez. Senón, ollade para esta imaxe que recollía a Revista Mongolia.

DLaK4biW0AA6Rqb

Ah, e para que non me acusedes de sectarismo ou sesgo político, Catalunya ten pouco de Iwojima, como se pretendía facer crer nesta imaxe

Imagen2

Non sei que é o tal “Pulitzer”, pero si sei ben que é o tal “Photoshop”.

En Whatsapp

Aquí é bastante máis difícil. As estruturas comunicativas que se crean son moi pechadas (aínda que posiblemente sexan máis virais) e whatsapp non ofrece ningunha opción para denunciar esa publicación nos grupos (é nesta funcionalidade onde corren como o vento estas noticias falsas).

Ante a desinformación, en WhatsApp, información. Non teñades medo de dicir “esta noticia é un bulo”.

 

 

As “Fake News” son un mal do século XXI. Capaces de elevar ao lugar máis poderodo da política a un perigoso home de negocios, entre outras cousas.

As “Fake News” tamén son a nosa responsabilidade. Compartímolas porque refrendan o que nos queremos creer, a nosa cámara de eco; pasan o noso filtro burbulla porque casan ben co nosos sistema de crenzas, pero iso non as fai máis verdadeiras. Son un problema de todos, e todos somos responsables