Cando programas unha aplicación web, é normal utilizar datos de proba, e mesmo utilizar algún item ao que chamamos probas. Tamén é normal depurar eses datos cando lanzas a web oficialmente, aínda que poidan quedar na vista de administrador… o que non é normal é que se vexan ao públioo.

Tanto é así, que na páxina web do servizo de transporte público de Santiago de Compostela é posible ver a parada “proba” de entre todas as paradas. Quero pensar que esta parada non é o andén nove e tres cuartos de Harry Potter non existe na cidade do Sar. Cando menos, curioso, non si? Aquí vos queda a captura de pantalla (clic para ampliar) na que podedes ollar a misteriosa parada.

Captura de pantalla 2011 07 29 a las 00 thumb.58.271Por certo, se algún dos responsables da web ou do servizo chegan a ler esto, saiban que non estaría demais un buscador de paradas gráfico, sobre un plano, xa que se antolla bastante complicado o uso desta web.