(ACTUALIZADO 23/01/2014)

Hai uns días merquei en Amazon un elevador para o portátil. Concretamente, este. Era barato e, aínda que viña defectuoso, non me queixei. De feito, deixei unha crítica neutra en Amazon, xa que non me gusta falar mal de ningún produto. Se tiña a esquina rota, puido ser pola empresa de mensaxería… así que tratei de ser benévolo no comentario.

Para a miña sorpresa, hoxe recibo o seguinte correo de Amazon, instántome a cambiar o comentario, que foi suprimido polo vendedor (MAL, Lavolta, MAL).

Captura de pantalla 2013-12-10 17.15.56

Así que dicidín cambiar a miña crítica: o produto é unha soberana basura que viña roto, como podedes ver nesata imaxe. E pasei de poñer un comentario neutro a dicir a verdade sobre a porquería que fabrican.

lavolta

Esquina superior dereita

lavolta2

Este non foio único malestar con este produto, xa que trae dous portos USB que non podía conectar por estar soltos no seu interior. Así que tiven que desmontar, conectar os portos ao lateral, e volver a montar o maldito trebello….

E a marca, da que NUNCA MÁIS VOLTAREI A SABER NADA quedará con este comentario (salvo que o borre)

“La calidad del producto es mala. Venía roto en una esquina y no es por la mensajería, ya que la caja estaba intacta.Viene en una caja sin ningún tipo de acolchado interior.podéis ver la imagen con la esquina rota en este link http://goo.gl/WgZ5Ca Así, el producto no es conforme a la descripción, ni volveré a comprar ningún tipo de producto de esta marca”

Captura de pantalla 2013-12-10 17.33.19

E, posiblemente, nada cambie para esta marca, pero xa me cansa ver como algunhas casas se rin dos clientes e, aínda por riba, non aceptan comentarios que non sexan positivos.

Indígname especialmente porque

—————– Actualización 15/12/2013 —————– 

Aos dous días recibín un correo por parte dos vendedores, SMART PARTS SPAIN, no que pedían desculpas e me ofrecían reemprazo ou devolución do diñeiro. Obviamente, falamos de 12€ e as molestias por transporte ou reemprazo superan á incomodidade de quedar co produto.

Captura de pantalla 2013-12-15 19.22.32

 

Pero sabedes unha cousa? O comentario nin foi reposto, nin admitiron aínda o meu segundo comentario. Lembrade ben a marca, por se algún día queredes comprar algo en Amazon…

—————– Actualización 23/01/2014 —————– 

O último episodio desta crítica é para poñer un final feliz digno. Os comerciantes que utilizan a plataforma de Amazon puxéronse en contacto comigo para subsanar o seu erro, e ofrecéronme ou ben o reintegro do diñeiro ou ben un novo produto (sen custe algún e sen devolver o defectuoso)

Aceptei a segunda opción, e xa teño en casa outro soporte para o meu ordenador. Este si se ve ben acabado, sen desperfectos, e dunha calidade maior.

Francamente, non sei se houberan tido este comportamento de non patalexar a través das redes sociais (e non, non me considero ningún “lider de opinión”, pero si agradezo os seus xestos, de maneira que eliminei o comentario positivo.

En todo caso, a historia permanecerá neste espazo, porque non está demáis non esquecer… pese a que finalmente acabou… nin tan mal ;)