Un mapa del mundo presenta el estado de la censura de Internet
Esta noticia (un mapa como tantos, a priori) e os últimos acontecementos sociopolíticos no mundo árabe fixéronme reflexionar sobre o termo censura no mundo on-line
A nivel supranacional, as tensións entre Google (empresa) e China (Estado) ao longo do 2010 sobre a censura nese país (a excusa perfecta para o que realmente interesaba: o negocio de millóns de internautas – en China Google ten unha posición minoritaria fronte ao buscador local).
Ou o goberno exipcio, bloqueando a Internet durante un completo fin de semana cuxo custe se estima en torno aos 80M$)
A nivel corporativo, coa política de censura de Facebook (a muller amamantando ao fillo, entre moitos casos)
A nivel global, a través do concepto da Neutralidade da Rede e a súa violación sistemática, e a súa aplicación dentro do Estado español coa recente aprobación no congreso da #Leysinde.
Venme á mente tamén o post de David Pombar facendo referente ao filtro en Facebook. Existe a posibilidade de que ese filtro actúe tamén de maneira censora fronte a determinadas palabras… sobre todo, coma lle ocorreu a google, en países onde non ten unha posición de mercado dominante.
En realidade, o feito de que as tecnoloxías nos fagan máis libres tamén leva implícito que as tecnoloxías nos condicionen… somos libres para dicir o que queiramos, pero, a fin de contas, dependemos dun servidor de internet que non entende de fronteiras físicas, pero sí de presións económicas…
Pese á que a diplomacia (Javier Rupérez, por exemplo, en Radio Nacional o 18/02/2011 ás 16:00h) se empeña en afirmar que WikiLeaks non ten ningún sentido e o único que persigue é o dano polo dano, este movemento (entre comillas) de “crowdsourcing” fixo público – e con probas físicas – que a liberdade que temos é ampla, pero limitada.
Que as presións nas altas esferas están máis alá da presión dos Estados como organización social, e que, en realidade, a nosa liberdade é aínda máis fráxil do que nos pensamos.
O mapa, por certo, é de OpenNet Initiative