2020 foi o ano do coronavirus, iso está claro. Pero esa crise fixo aparecer outras eivas, mesmo enfermidades, ás que tamén é preciso prestarlle atención. E ese é o punto de partida deste manifesto: o aumento da toxicidade laboral, o enrarecemento das relacións a distancia (mesmo sen distancia) escudadas detrás das palabras en correos electrónicos e whatsapps.
1.- Durante a fin de semana non se traballa
Podes ler correos, pero non tes por que contestalos. Tampouco ten que ser a fin de semana, poden ser os días ou horarios que ti establezas (ou que che establezan), pero marca tempos de desconexión. E sobre todo, c ú m p r e o s.
2.- Hai horarios
Ligado ao punto anterior, a vida ten os seus horarios. Se non son os teus, son os das persoas que están ao teu redor e das que dependes ou as que dependen de ti. Esas axendas marcan os teus horarios. É importante respectalos. Un correo electrónico pode enviarse máis tarde, e podes levantarte antes dunha reunión se fai falla.
3.- Importante vs Urxente
Non son sinónimos. Establece tamén prioridades entre o que é importante e o que é urxente, e relega ao fondo da lista o que nin é unha cousa, nin é outra. Qeu algo sexa importante non significa que sexa urxente. Da mesma maneira que hai cousas urxentes, pero non son importantes.
4.- Pide as cousas, por favor. E pide as cousas “por favor”.
Aínda sendo importante – e urxente- as cousas hai que pedilas, xa que ninguén pode ler a mente das demáis. E, moi importante, por moita presa que teñas, as cousas pídense con educación.
5.- Agradece o esforzo dos demais
Que che custa despedirte cun “grazas”? Por que non agradeces un traballo que (che) fan ou que che facilita o teu? Por favor.
6.- Reler antes de enviar
Iso evitará faltas de ortografía, erros ortotipográficos e, sobre todo, malas interpretacións das túas palabras. Le con calma o que envias antes de premer o botón de enviar.
7.- En caso de dúbida, a resposta é NON
Posiblemente, unha das palabras máis difíciles de dicir no ámbito laboral. Comeza canto antes a saber dicir “non”. E aplica, como regra, que se tes algunha dúbida na decisión que vas a tomar, moi probablemente a resposta axeitada sexa un “non”.
8.- So é traballo
En serio. Por moito agobio que teñas, pono en relación con outras variables: saúde, familia, amigos, aficións… e despois, compara. Aínda que o precisemos para vivir, so é traballo.
…………..
Son oito puntos, poderían ser máis. Incluso menos. Tamén son puntos discutibles, non son verdades dogmáticas. O importante, en realidade, é que che faga reflexionar. Para o que queiras comentar ou criticar, tes a caixa de comentarios aberta.
PD: fixácheste que comecei o texto sen utilizar maiúsculas? Sempre quixen facer iso :)
Vouno imprimir tanto para aplicalo eu… como para recordarllo ao resto :). Moi dacordo!!
100% dacordo.
E exercendo o punto 5, parabéns e grazas polo contido :D !
Un saúdo
Como persona recién incorporada al mundo laboral, solo puedo decir que estoy totalmente de acuerdo. Como dicen mis padres, “más vale una vez roja que mil veces verse” ????
Está xenial! Directo á impresora en 3,2,1…
Totalmente dacordo, ainda que teño que traballar mais os puntos 1 e 2 :)