Esta semana rematei a miña permanencia con Movistar.
En xeral non estou demasiado cabreado, máis aló das facturas algo altas e a deficiente cobertura do terminal de Apple.
Como xa non estaba atado, quixen liberar o meu terminal para podelo utilizar con outros operadores (teño o teléfono fixo con vodafone e máis a liña persoal con orange.
Liberar este teléfono é sixelo, sempre que o operador que che toque saiba de qué lle estás a falar. Para iso precisamos:

  1. O número imei do teu teléfono, un código que se pode saber (ata onde eu sei, en calquera terminal) premendo *#06#
  2. Chamar ao 609 (particulares) ou 900101010 (autónomos/empresa)

A partires de aquí xa é unha ruleta na que che poden dicir

  • O seu terminal non se pode liberar (falso)
  • O seu terminal non se pode liberar porque aínda ten permanencia (eu teño entendido que a partires do 12º ciclo de facturación, si se poden liberar
  • En 15 días enviaranlle un código de desbloqueo (pamplina. O iphone libérase vía iTunes, son eles quen “falan” coa base de datos de Apple para que se libere
  • Xa está. Introduza unha tarxeta doutro operador e conéctese a iTunes (correcto)

Despois de varias chamadas, a última delas díxome que xa estaba, e, efectivamente, cando conectei o teléfono ao ordenador, saíume esta ventaíña

Libera un iphone vía movistar non é imposible, pero ás veces, fano algo difícil.
Por suposto, se che dicen calquera outra cousa que non sexa que está liberado, nin vos despidades. Colgades o teléfono e chamades de novo. Sempre vos atendeá un operador diferente e, ben seguro, vos dirá algo diferente cada vez (sí, como cando vos fan as ofertas…)