Xabier Rolán

Xa pasou un ano dende que escribira o artigo sobre cómo liberar un iPhone 3GS con movistar e rematada a permanencia.

imaxe de maczana.es

Liberar o iPhone 4 con Movistar tendo permanencia é posible, sempre e cando teñades cumpridos 12 ciclos de facturación. De feito, eu mesmo teño permanencia ata xullo deste ano, e liberáronme o terminal sen problemas.

 

O proceso non varía

  • Solicitar a liberación do terminal. Primeiro comprobarán a permanencia e diranche a penalización que tes por rompela. Ollo, esa penalización existe so para portar o número a outra compañía, non por liberar o terminal móbil).
    Logo de que che digan que non é posible, comentar que temos 12 ciclos de facturación coa compañía vixente.
  • Facilitámoslle o número IMEI (axustes > xeral > información > IMEI, un código de 15 cifras. Tamén se pode saber premendo no teclado *#06#)
  • Dende o servizo de atención ao cliente solicitaránche que, ao colgar, sincronices con iTunes previa inserción no terminal dunha tarxeta doutra compañía.
  • Sincronizamos, descargamos os axustes do novo operador e… listo! Xa temos un iPhone 4 libre, pero 6 meses de permanencia.

Moito ollo  con aplicacións e terceiros que instalan o seu propio perfil de navegación, coma onavo, que habería que reconfigurar para que a navegación móbil funcione.