Ler a túa lista de medios de comunicación / blogs favoritos non é sinxelo. Unha vez sobrepasas a centena de artigos diarios (o que demostra que o mundo blogger non está – para nada – morto, senón que simplemente mudou), un pode plantexarse deixar de utilizar a versión web de google reader.

En realidade empregamos clientes de escritorio porque, na maioría dos casos, melloran algún/s aspectos que os lectores vía web non nos poden cubrir ou o fan de maneira deficiente.

Clientes de escritorio hai moitos, así que me vou a centrar nos que eu utilizo, na miña experiencia e uso que fago deles (nas máis das veces, para o traballo). Vaia por diante que os clientes dos que hei de falar son para mac.

A plataforma escollida é google reader. O motivo é sinxelo: a maior parte dos lectores rss permiten sincronización don google reader e éme máis doado saber qué lin no ordenador e qué no teléfono
Eis algúns dos lectores RSS que empreguei algúna día, ordeador dende o primeiro que utilicei ata o que utiliza actualmente:

applemail thumb1
Apple Mail: a aposta de Apple por simplificar todo inclúe un lector rss na aplicación do correo. Como xestor de correo está bastante ben (con reservas) pero como xestor de feeds non me agrada en absoluto. Aínda que conservo algúns feed (sobre todo de humor) nesta aplicación, non a utilizo para nada serio.

NetNewsWire thumb1Netnewswire: esta aplicación (gratuíta con publicidade ou de pago) é posiblemente das máis coñecidas, por iso comecei a usala. É sinxela de usar, pero ás poucas semanas deixei de usala por dous motivos
O alto consumo de memoria. Carai, para un lector rss consumía moita ram
Non podía ver as alertas de google como feeds! Isto xa foi o colmo, así que decidín desbotar esta opción (ollo, os que usedes tamén iPhone, tamén ten app)

nficon thumb1Newsfire: posiblemente, o lector para mac máis rápido, cunha interfaz agradable e sinxelo de usar… peeeeeero (sempre hai un pero) incluía integración con twitter pero non con google reader!
Por iso, utilízoa como aplicación secundaria, para consultar outros feeds de temáticas moi específicas dalgúns blogs que actualizo.

gruml thumb1Gruml: Este programa foi o que máis tempo utilicei: sincronización con google reader, visualización das alertas de google, posibilidade de agrupar os feeds en carpetas, integración con outras redes sociais… e de código aberto!
Qué máis se lle pode pedir? Esta aplicación debería cubrir con creces as espectativas de todos.
Como nota negativa hei de dicir que ten algúsn bugs, sobretodo relativos á sincronización dos feeds lidos que foron os que me acabaron provocando curiosidade polo último lector rss.
Pero non desesperedes: está en estado beta, así que tamén se lle poden perdoar os erros, non?

reeder thumb1Reeder : en realidade, non se pode falar dun lector rss para mac como tal… aínda está en estado beta, pero apunta boas maneiras: interfaz bonita, fluído, fácil lectura…
Un lector que naceu da man do iPad, e que intenta fusionar o mellor de iOs co mellor de OSX. Neste sentido, coido que marcará tendencia (xa apuntada co avance de OSX 10.7 Lion) de integrar a experiencia da usabilidade móbil nos ordenadores da casa Apple.

todos thumb1Coma sempre, a mellor opción depende do perfil de usuario de rss que sexas. Para consultar un par deles, posiblemente coa opción de Apple Mail sexa suficiente. Pero se queres algo máis… proba algún dos que nomeei (ou busca algún novo e cóntame como che vai : )