landing thumb1As páxinas de Facebook son unha ferramenta que me encanta. Son directas, agrupan ao teu público obxectivo, proporciónanche unha retroalimentación importantísima e, ademais, son modificables. Non moito, pero sí as súas pestanas.

A configuración das páxinas de facebook permíteche utilizar unha pestana concreta como páxina de aterrizaxe de novos usuarios / usuarios que aínda non se fixeron fans.

Por defecto, adoita a ser a pestana de información ou a do taboleiro, pero… por qué non crear unha pestana, totalmente configurada, como “portada” da túa páxina en facebook?

A fin de contas, hai quen di que as páxinas de facebook substituirán ás webs estáticas (lamento non poñer a referencia, non a atopo).

Se vos animades, cóntovos máis ou menos cómo podedes facer para personalizar a vosa propia pestana

  1. O primeiro que tedes que facer é engadir a aplicación FBML á vosa páxina. Podédelo facer dende aquí premendo en “engadir á imña páxina”
  2. conta > administrar páxinas > (seleccionamos a páxina) > editar páxina
  3. Seleccionamos “aplicacións” no menú da esquerda e imos directamente a “FBML – FBML”
  4. A páxina que se abre terá o contido da vosa pestana:
    “Box title” para o título e FBML para o contido da pestana

fbml1 thumb1Chegados a este punto, é preciso entender qué diantres é a linguaxe esa de facebook… pero… en realidade… con saber un chisco de HTML é suficiente!
Se queres, incluso podes utilizar un programa de deseño web visual (tipo dreamweaver ou NVU – este último de código aberto) e facer un corta&pega sobre a caixa de texto.

Uns consellos:

Ei uns exemplos de páxinas de benvida

telepizza thumb1

xuventude thumb1En xeral, case todas as marcas teñen a súa propia páxina de benvida personalizada.