El satélite es la alternativa para el Internet rural · ELPAÍS.com.

En 2007, durante un congreso de periodismo, la ex vicepresidenta del Gobierno María Teresa Fernández de la Vega aseguró que pronto la mayoría de las zonas rurales tendrían acceso a Internet de banda ancha. La promesa todavía no se ha cumplido -sobre todo en el interior del país-, pese a que los Gobiernos regionales anuncian mejoras tecnológicas año tras año, que nunca llegan.

Xa hai un tempo que lin esta noticia, e case todos os días me apetece comentar algo no blog sobre a situación de internet naqueles sitios onde NON é cidade. É certo que a meirande parte da poboación vive en grandes núcleos de poboación, pero non por iso os habitantes do rural se van a ter que sentir discriminados. Máis do que están, quero dicir.
A Galicia das dúas velicidades en canto á calidade de vida é máis que evidente, pero non vou a entrar nese tema hoxe.
Hoxe quería falar de Internet. No rural. Aínda que ás veces non o crea(n), Existe.

Vivo nunha aldea de 30 veciños, no sur de Ourense, alí onde, dependendo do aire, se colle mellor cobertura portuguesa ca española no móbil.
Traballo dende casa, nese pobo, neste neg(ocio) que lle chaman Internét. A meus pais cústalles comprender que é o que fago (como lle explicaríades a un señor maior que demo é un community manager?).
Así que entenderedes que preciso Internet. Tanto, que un día sen rede é un día perdido.

As opcións que tiña cando cheguei aquí eran:

Dubido que R chegue á miña aldea, e moito máis que a monopolizadora Telefónica se digne en ofertar ADSL (que pode, segundo os parámetros da conexión, pero non quere), e dubido que ningunha administración faga algo por zanxar esta fenda dixital.

Este post tampouco cambiará nada, pero alomenos quería poñer de manifesto que, nunha aldea da Galicia profunda, tamén hai Internet, e que se pode vivir del, pero que non é suficiente.

Non fan falla regalar portátiles, nin darlle cartos a esgalla a Telefónica para que se invente unha campaña rimbombante e todo quede coma estaba, nin prometer ano tras ano que se solucionará o desfase tecnolóxico do rural con respecto da cidade.

Pero non estaría demais un programa de alfabetización dixital, de educación tecnolóxica. Porque se moitos máis souberan manexar un ordenador, xa seríamos máis os que demandásemos, a berros, que se nos trate como a iguais, ou, polo menos, como cidadáns de segunda (porque nin eso somos).

Porque no rural, non so hai vacas. De feito, destas últimas, poucas quedan.

3 respostas

  1. Certamente é complicado chegar a toda Galicia levando rede. Hai moitos lugares que están moi afastados, polo que non é nada rendible despregar rede de fibra (hai que calcular que a obra civil é moi cara e cada metro custa entre 60 e 100 euros, dependendo da zona e do tipo de obra).

    O caso é que en R nos gustaría chegar a toda Galicia, e para iso estamos pendentes do reparto de frecuencias móbiles. Co tema da TDT quedou espectro libre que se vai adicar aos servizos móbiles. Se tivésemos frecuencias propias (ata o de agora só teñen Movistar, Orange, Vodafone e Yoigo) a nosa idea é levar servizos de banda ancha a toda Galicia. Cremos que o espectro está desaproveitado e se poden dar velocidades moi dignas coa tecnoloxía radio.

    Temos probado en varios lugares tecnoloxía wimax pero, como ben comentas, non nos acaba de convencer de todo.

    1. Graciñas polo comentario! Eu tamén creo que a rede 3G é a solución máis viable en relación custe/beneficio (cousa que non se pode dicir moi alto, que te moen a paus).
      En canto ao Wimax, sei que R estivo facendo medicións para levar a rede ao colexio público de Castrelo do Val, a través dun radioenlace con Penanofre, pero non souben máis do tema.
      Gustaríame que R puidese ofrecer un servizo competente neste sentido (sen ter que alugar a rede de vodafone) porque, pola propia actividade á que me adico, todas as semanas falo con veciños – persoas e empresas – que me preguntan cómo podo ter internet no pobo, que eles tamén queren… e sempres lles digo que a opción menos mala é a rede móbil 3g
      Se fai falla presión, xa sabedes onde hai unha firma! :D

  2. Para que vexas, xa fixemos as primeiras probas no 2005:

    http://bandaancha.eu/tema/577922/r-realiza-piloto-tecnologia-wimax

    E a día de hoxe estamos dando este servizo en moitos polígonos, e tamén ás aldeas próximas:

    http://bit.ly/b20W7f

    De todos os xeitos, ter antenas de móbil sería o mellor. Mellor servizo e máis velocidade. Quen ten a última palabra é o Ministerio de Industria. Así que haberá que agardar para ver se podemos despregar tecnoloxía móbil por toda Galicia.