Agora que xa asumimos ChatGPT como parte do noso día a día, a capacidade de xerar contido eficiente de maneira rápida e versátil é unha vantaxe invaluable para calquera profesional. Co crecemento da intelixencia artificial (IA), as aplicacións de xeración de texto están a facerse cada vez máis populares, ofrecéndonos a capacidade de crear prácticamente calquera tipo de texto en poucos segundos.
En macOS, hai unha ampla variedade de aplicacións de xeración de texto impulsadas por IA, cada unha con características e capacidades únicas. Neste artigo explorarei o mundo do texto xerado por IA en macOS, examinando algunhas das mellores aplicacións para escritores, especialistas en marketing e case calquera profesional que busque simplificar o seu proceso de creación de contido e aumentar a súa produtividade.
por que facer uso dunha app nativa en vez de navegador web?
Hay diversas razóns por que utilizar unha aplicación nativa (app) en lugar dun navegador web pode ser beneficioso. Primeiro, as aplicacións nativas están optimizadas para funcionar nun sistema operativo específico, o que lles permite utilizar de maneira máis eficiente os recursos do dispositivo. Isto resulta nunha experiencia de usuario máis rápida e fluída, pois poden aproveitar ao máximo o hardware e o software do dispositivo no que se executan. E, por suposto, un inferior consumo de recursos no noso dispositivo.
Ademais, as apps nativas teñen a vantaxe de poder integrarse máis profundamente co sistema operativo. Poden acceder a características e funcionalidades que non están dispoñibles nos navegadores web, como a capacidade de utilizar a cámara ou o micrófono do dispositivo, e outras funcións específicas do sistema operativo. Esta integración pode mellorar significativamente a funcionalidade e a utilidade da aplicación para os usuarios.
Outro aspecto salientable é a experiencia de usuario. As apps nativas poden ofrecer unha experiencia máis personalizada e atractiva, grazas ás súas interfaces gráficas específicas e aos efectos visuais que poden ser deseñados para aproveitar ao máximo as capacidades do dispositivo. Isto pode facer que a aplicación sexa máis fácil de usar e máis atractiva visualmente, que, non o neguemos, inflúe positivamente na satisfacción do usuario e na fidelidade á marca ou servizo.
Finalmente, as apps nativas tamén ofrecen a vantaxe de poder funcionar sen conexión a internet. Non é o caso que nos ocupa hoxe, pero xa falaremos dos modelos de código aberto que podemos executar en local.
E, agora que xa te convencín (espero), vamos ao lío
Oferta existente. Que podo probar?
No ecosistema de macOS, hai varias aplicacións nativas que aproveitan a intelixencia artificial para xerar texto, cada unha con características e beneficios únicos. A continuación, presentamos algunhas das máis destacadas:
App oficial de ChatGPT
A aplicación oficial de ChatGPT ofrece unha experiencia optimizada para macOS, permitindo aos usuarios acceder ás avanzadas capacidades de xeración de texto de GPT-4 directamente desde o seu escritorio. Con unha interface intuitiva e integración perfecta co sistema operativo, esta app é ideal para aqueles que buscan un potente asistente de IA para as súas tarefas diarias.
O malo é que a app non está aberta a todas as persoas. So aquelas que teñan a subscrición premium e que teñan un mac con procesador Apple Silicon poden facer uso por agora da ferramenta (e cun pequeno bypass… pregúntame nos comentarios como sortealo). Permite tomar capturas de pantalla, interactuar vía voz… unha delicia, pero so para uns poucos. De momento (máis adiante irase abrindo ao gran público)
Invisibility
Invisibility é unha aplicación de código aberto deseñada para macOS, centrada en proporcionar ferramentas de xeración de texto discretas e eficientes. Ofrece unha ampla gama de funcións personalizables que permiten aos usuarios axustar a IA ás súas necesidades específicas, xa sexa para redactar correos electrónicos, crear contido para blogs ou calquera outra tarefa de escritura. O mellor da súa integración é que podemos invocala cun comando de teclado e facer capturas de pantalla para indicarlle que actúe co que nós estamos vendo en pantalla. Que explique documentos, que extraia textos de fotografías… etc.
De momento é gratuíta, ten un plan de pago, pero coa versión gratuíta apañamos. Próbaa xa! Da igual o mac que teñas.
MacGPT
MacGPT é unha aplicación nativa para macOS coñecida pola súa posibilidade de alternar a visión web ou a versión de acceso mediante API. Cunha interface limpa e opcións de integración con outras aplicacións do ecosistema Apple, MacGPT convértese nunha ferramenta valiosa para calquera persoa cunha conta de ChatGPT que non queira usar un navegador, senón unha app propia.
Alter
Alter ofrece unha plataforma robusta para a xeración de texto baseada en IA, deseñada para satisfacer as necesidades de escritores e creadores de contido. A súa app para macOS inclúe características avanzadas cunha integración profundísima co sistema operativo que non ten ningunha outra ferramenta. Pode extraer textos de arquivos sen abrilos, facer peticións sobre documentos ou arquivos no noso equipo… ten enormes posibilidades. De feito, é a que menos teño expermientado porque aínda non atopei un fluxo de traballo concreto e eficaz para aproveitar todo o seu potencial.
Estas catro aplicacións representan algunhas das mellores opcións dispoñibles no mercado para aqueles que buscan integrar a xeración de texto por IA no seu fluxo de traballo diario en macOS. Cada unha ofrece un conxunto único de ferramentas e características, asegurando que haxa unha solución adecuada para calquera necesidade específica.