Esta semana souben da existencia dos discos duros híbridos. O concepto destes discos é mesturar as bondades de dous sistemas diferentes: por un lado os discos magnéticos, cun custe moi baixo e altas capacidades de almacenamento, e os discos de estados sólido SSD (memorias NAND flash) cunha velocidade de acceso aos datos mínima, instantánea, debido á carencia de mecanismos como a agulla que ten que buscar a información.
Seagate presentou hai un tempo un modelo, o Momentus XT, con capacidades de 320 a 500Gb de capacidade cunha memoria SSD de 4Gb incluída. O software interno do disco replica a información á que se accede máis a miúdo na memoria de 4Gb de maneira que, cando máis usemos o disco, máis rápido vai a ser. Alomenos é a teoría.
E o certo é que non debería ser mentira. O disco magnético é de 7.200 rpm e ten un buffer de 32mb, así que xa debería ser algo máis rápido que o meu seagate a 5.400 rpm.
Para instalalo pódense facer dúas cousas:
- Unha instalación limpa e instalar todos os programas dende cero (coa conseguinte perda de tempo en configurar todo de novo, pero coa vantaxe de ter un sistema limpo e moito máis axil)
- Clonar os datos do disco instalado no novo (máis rápido e mantendo todo coma no instante anterior a ter o novo disco, pero cun sistema xa usado e máis lento que a instalación limpa). Eu escollín a segunda opción porque non teño nin tempo de reinstalar todo, nin todos os instaladores, nin unha conexión o suficientemente boa como para baixar todas as actualizacións de sistema.
Agora ben o divertido:
En primeiro lugar, montamos o disco nunha caixa externa dun disco duro externo (se non o temos, xa non poderemos continuar coa clonación e deberemos instalar de cero o SO.
Eu aproveitei unha caixa externa dun iomega de 500Gb que tiña para copias de seguridade. Ben, en realidade o disco iomega é o Seagate que estaba no macbook, e na carcasa do iomega estaba o disco duro orixinal de Apple de 250Gb (con dous meses de uso porque mo cambiaron no servizo técnico e ao pouco instalei o de 500Gb. Se alguén está interesado neste disco, que me avise, que podemos chegar a un acordo :)
Despois utilizamos o programa Carbon Copy Cloner, un programa para facer copias exactas entre discos duros. Software libre que bem merece unha doazón!
Logo de seguir as instrucións e formatear o disco como che indican (para iso utilizamos a utilidade de discos de OSX), un par de clics e a esperar!
A miña copia tardou unhas 6 horas, pero claro, eran 400Gb ocupados, e nalgún momento atopou algún erro de lectura dos datos orixinais.
Comprobamos que podemos iniciar o sistema dende a unidade nova (ao reiniciar, mantemos pulsado Alt ata que saian as diferentes unidades dende as que podemos iniciar), seleccionámola e esperamos.
A primeira vez que arranquei dende o Momentus, por USB aínda, tardou 5 minutos en cargar, un máis do que habitualmente (o inicio co anterior disco era duns 4 minutos pasados)
Unha vez comprobamos que todo funciona… xa podemos cambiar os discos no portátil
Fan falla unhas chaves especiais que calquera xogo de desparafusadores de precisión traerá de serie (o meu, de Leroy Merlin) trae planos, estrela, chaves de allen e torx, que son os que fan falla neste caso)
Cambiar os parafusos e listo, asegurándose de que a clavixa queda ben apretada e de que non hai holgura en ningún sitio (para evitar vibracións)
Antes de iniciar de novo, é aconsellable resetear a SMU (System Management Unit) – quitamos batería e desenchufámolo da corrente. logo mantemos presionado o botón de arranque uns segundos
E tamén debemos resetear a PRAM (parameter random access memory ) – prememos comando + alt + P + R e deixamos que faga o ruidiño previo á maza 2 veces.
Despois xa podemos iniciar tranquilos.
E aquí ven o curioso (e o mellor) do funcionamento do disco (dende o son ata unha ventá funcional de safari)
- 2ª inicio (1º co disco instalado dentro do portátil) en 1′ 24″
- 3º inicio: 1′ 09″
- 4º inicio: 1′ 04″
Despois de varios días de uso, o inicio estabilizouse en arredor dun minuto (algo menos)… pero é que en sistemas instalados de cero, o arranque pode ser de 20 segundos!!!
As aplicacións que utilizo máis a miúdo cargan moito máis rápido, polo que podo concluír que o problema do meu ordenador era o pescozo de botella que atopaba no acceso de datos ao disco.
A memora flash contén repicados os datos que máis utiliza o disco (normalmente, ficheiros de arranque, aplicacións que cargan de inicio e as principais aplicacións que utilizo no día a día)que fai que o disco sexa moito máis rápido.
O prezo? Merqueino en Optize por 126€ con portes incluídos. En 3 días exactos estaba na miña casa. Un 10 para Optize! Podo asegurarvos que polo prezo e a mellora que ten o ordenador, compensa a utilización deste tipo de discos (polo menos ata que os SSD de 500Gb custen menos de 300€)
Aclaracións:
· Non teño problemas de quecemento (disque ao ser o disco de 7.200 rpm, hai ordenadores que teñen problemas
· Non noto ningún bucle nin ningún tirón.
· Non hai ruidos, é máis, o ordenador é máis silencioso
· A batería dura o mesmo, se cabe un chisco máis!
Moitos dos problemas dos que lin en foros soluciónanse cunha reparación de permisos, algo que, se es fedellón coma min, fas alomenos unha vez ao mes.
· Se utilizas varios SO con arranque dual, NON vas a notar moita melloría, máis ben ningunha, porque o software do disco non entenderá qué datos utilizas máis a cotío.
E se precisas máis pero non queres gastar moito máis, podes substituír a unidade de disco óptico con este kit.
Se alguén se anima a cambiar o seu disco duro, esta é unha moi boa opción.
E se a alguén lle interesa un disco duro orixinal de Apple (Hitachi) de 250Gb, que me avise! ;)
Tengo una duda. Yo lo estoy intentando hacer con mi MBP de 13″ de 2010. Pero en vez de usar el Carbon CC directamente quiero usar la copia del Time Machine. Cuando arranco el MPB con la tecla option y me sale la unidad óptica para iniciar, se me queda un rato con la manzana y luego pantalla de kernel panic. El DVD está bien porque lo he usado para cambiar el disco duro de una amiga y el lector también porque entonces no me reconocería el DVD de instalación al iniciar con option. ¿Sabes porqué puede ser?
Así, de entrada, podría ser un problema de permisos o PRAM. Haz una reparación de permisos desde la utilidad de discos y un reseteo de las memorias SMC (retiras la batería, desenchufas el cargador y pulsas – y mantienes presionado – el botón de encendido unos 10 segundos) y PRAM (http://ayudamemac.com/blog/2008/03/18/¿que-es-el-pram-como-resetearlo-y-porque-es-bueno/) antes de volver a probar
Reparación de permisos sobre tu disco duro y sobre el disco en el que corre Time Machine.
Sobre el disco nuevo que instales, no te olvides de darle el formato de apple HTF+ e indicarle que va a albergar el sistema operativo (al formatearlo, hay una opción, no me acuerdo ahora mismo cual era…)
Otra cosa que puedes hacer es, desde la utilidad de discos, crear una imagen de tu disco sobre el disco nuevo montado como externo… no lo probé, pero sé que hay gente que lo hace así.