O titular é un pouco sensacionalista, seino. Pero antes de que me chovan as críticas, deixádeme explicar por qué.

Aqueles que me coñecedes máis de preto saberedes que dende hai uns meses arremangueime e decidín coller polos cornos a condenada tese de doutoramento. Unha tese que quero levar ao eido das redes sociais, concretamente, a Tuíter.

Como é obvio, non podo aproximarme al plataformas de xestión de redes sociais sen antes abordar o estudo das redes sociais e, sobre todo, as comunidades virtuais.

Rheingold (que mo entroduciu Daniel Martí – grazas!-) é, case con toda probabilidade, o maior investigador e divulgador sobre comunidades virtuais que existe neste momento. Dous libros de cabeceira deste autor son Comunidades Virtuais  e Comunidades Intelixentes. O primeiro é de 1993, o segundo de 2002. Bastante anteriores á web 2.0…

Se xa por esas dúas obras merece todo o respecto como investigador, queríavos reseñar un par de frases que lin dunha colaboración que fixo noutro libro:

El gran valor de una comunidad virtual reside en sus aspectos autoorganizacionales.

Perogrullo, si. Pero perogrullo do ano 2000. Cando nin se intuía o impacto social do 2.0.
Although I don’t doubt that a dozen of the largest players will make advertising and e-commerce profits from the activities of people using virtual communities, I don’t believe that online community is going to suceed as a profit-making industry for very many entrepreneurs
//traducida libremente por min mesmo//
Aínda que non dubido que unha ducia das maiores empresas faga beneficios da publicidade e do comercio electrónico sobre a xente que empregue comunidades virtuais, non creo que o as comunidades virtuais teñan éxito como industria lucrativa para moitos empresarios
Insisto: ano 2000. Ao borde “da crise das punto.com”, cun incipiente Google que non era o xigante que é hoxe, Rheingold desbota o éxito publicitario das comunidades virtuais e anticipa o verdadeiro éxito das mesmas; cómo nos cambian a vida:
El gran impacto de las comunidades virtuales no vendrá de las ganancias en publicidad en los chats virtuales, sino por las nuevas formas de cultura que emergerán de las comunidades virtuales.
Para moitos de nós, cousas tan cotiás coma o humor (por exemplo) mudaron coas redes sociais. Mudan as formas de relacionarse. Mudan a forma na que buscamos traballo. Mudan ata o xeito no que buscamos parella. Mudan a forma na que nos comunicamos, porque, en esencia, as redes sociais son iso: comunicación.
co mu ni ca ción.
E isto non é algo que xurda da noite para a mañá. Leva tempo. Moito tempo.
Al contrario que otros aspectos de Internet, lleva meses, incluso años, hacer crecer comunidades virtuales valiosas y sostenibles.

Velaquí a referncia bibliográfica, por se vos interesa.

Reinghold, H. (2000) “Community Development in the Cybersociety of the future” in Gauntlett, D. (Ed.). (2000). Web. Studies: Rewiring Media Studies for the Digital Age. Arnold, Edward.

Isto da tese funciona así: durante días podes estar atravesando un páramo a monte, sen máis señas que frases inconexas. E, de súpeto, ese oasis desexado. Esa sensación de pequena victoria, de ter atopado un tesouro soterrado entre as páxinas dun libro, entre as letras dun pdf, entre a profunda (e tan 1.0) web académica.

Son pequenos momentos de ledicia. Pemitídeme saborealos.