Sobre min

Son doutor en Comunicación pola Universidade de Vigo (2016) e desenvolvo a miña traxectoria profesional no eido da comunicación en liña, e tamén no mundo do marketing dixital.

Adícome á xestión de comunicación en liña; principalmente en contidos web e plataformas de xestión de redes sociais. Aprendo todos os días e teño a sorte de poder ensinar sobre iso.

Son profesor da Universidade de Vigo, onde imparto materias relacionadas coas aplicacións móbiles e desenvolvemneto web (grao en Comunicación Audiovisual), comunicación dixital e marketing online (grao en Publicidade e Relacións Públicas) e WordPress en varios masters universitarios.

As miñas áreas de investigación, xunto ás de traballo, céntranse na comunicación en liña e en mobilidade, os novos formatos publicitarios e as comunidades virtuais.

 

Neste espazo falo de…