Róubolle o titular ao estimado Madeira de Uz (Gerardo) para facer unha pequena reflexión sobre Google e por qué é unha empresa á que temer.
Por suposto, son usuario do seu correo electrónico (dende 2006), e de boa parte dos seus servizos, simplemente quero amosar o “respecto” que debemos ter a unha empresa con certas – permítanme a magufada – dotes adiviñadorias.
O 25 de abril publiquei un tuit no que Google alertaba da data das eleccións españolas para o 20 de decembro.
É curioso que Google acerte con meses de antelación a data da convocatoria de eleccións, anunciada o 1 de outubro.
Poderíamos ser suspicaces, e incluso pensar mal do xigante de Mountan View, a única tecnolóxica que lle botou un pulso a China… pero tamén podemos aplicar a navalla de ockham: a fin de contas, a solución máis sinxela soe ser a correcta.
Quizáis o noso presidente lle consultou a Google cando debían ser as eleccións.
Nese caso, o que preocupa é que lle fixera caso :)