Voltear imaxes é unha práctica moi común, sobre todo cando acompañas un post e queres mellorar a composición. Pero tamén é unha práctica estendida para evitar reclamacións sobre os dereitos de autor.
Sen embargo, non en todos os países ou xurisdiccións aseguran que o feito de voltear imaxes che dea o copyright sobre o resultado da operación.
Sexa como fore, ao voltear imaxes hai que pensar tamén no que hai de fondo, e, como mostra, esta fotografía, tomada do Galicia Hoxe:
Carai, o mapa de Galicia coa costa de Ourense!
Non digo que non se volteen as imaxes que teñen mapas, pero claro, non é o mesmo o mapa de Burquina Faso (con todos os meus respectos para este xoven Estado) que o mapa de Galicia que estamos cansos de ver!
Quero pensar que a intencionalidade deste volteo era mellorar a composición ao situar a fotografía á dereita do texto, e non tanto saltarse o copyright da imaxe, pero o resultado é, cando menos, WTF!
En todo caso, é unha clara falta de respecto para o fotografado. Sexa quen sexa.
E despois de dicir isto, procurarei non meter o zoco ocn estas cousas. É moi habitual na miña vida…