Dende xa hai un tempo (un tempo longo, porque hai viagra que nin se acorda cómo eran facebook antes…) facebook ten un sistema de filtrado de información que fai que o teu timeline sexa “máis limpo” encargándose de “decidir” cales son as publicacións máis importantes.
Na parte superior temos, así, un encabezamento coma os que amoso a continuación (en castelán e galego, dúas contas diferentes):
Por defecto, facebook activa as actualizacións “máis importantes“, entendidas como tales aquelas das persoas coas que máis interactuas: xente que te etiqueta/ti etiquetas en fotos/publicacións, comentarios… etc, e que facebook entende son as máis importantes.
- Como editar estas entradas máis importantes?
Ao fondo da páxina, onde se nos dá a posibilidade de cargar máis actualizacións de estado anteriores, podemos ver a opción “editar opcións” na parte dereita.
Abrirase un marco tal que así
onde podemos escoller a opción de amosar todas as actualizacións, e tamén nos dará a opción de ocultar / desocultar as actualizacións dalgúns usuarios.
Esta última opción serve para cando queres “volver a ver” a algúns usuarios que decidiches ocultar no seu momento. Ben seguro, esta opción será útil para aqueles que temos a algúns contactos “por compromiso” e nos estorban non nos parecen o suficientemente interesantes para velos.
- “Conspiranoia” ou posibilidade real?
Persoalmente, considero este tipo de políticas de facebook unha ferramenta perfecta para aplicar unha censura encuberta ou un filtrado arbitrario das actualizacións dos usuarios. Non estamos libres de que Facebook filtre, por países, certo tipo de termos, de maneira que nunca aparezan nas actualizacións máis importantes…
Credes que todos os usuarios lemos TODAS as actualizacións? Coido que sorprendería a pocentaxe de usuarios que non o fai…
Técnicamente é posible facelo, e sinxelo.
E a vós? Qué vos parece este filtrado previo de actualizacións? Favorece ao usuario con grande tráfico no seu timeline ou existe en beneficio de Facebook?