logo twitterEste é un pequeno resumo das aplicacións que utilizo eu a miúdo para xestionar diversas contas en twitter.

aínda que a nova versión web de twitter mellorou considerablemente, so utilizo a versión web para buscar novos contactos que sexan afins aos perfís que xestiono. Nese sentido, a impementación de listas que fixeron a finais do 2009 facilitou(nos) considerablemente a tarefa aos novatos en twitter.

Unha das últimas implementacións web que fixeron – e que me gusta, pese a estar bastante verde – é o sistema de recomendacións. É unha moi boa idea, aínda que algo verde, xa que os usurios que twitter me recomenda parécense ás miñas afinidades coma un ovo a unha castaña.

Coma moitísimos usuarios, utilizo clientes de escritorio / móbil que son treméndamente útiles.

Como usuario de mac, centrareime nas que eu utilizo nesta plataforma, aínda que moitas delas son multiplataforma:

  1. Twitter for mac: Dende que  Twitter comprou Tweetie, este é o cliente oficial da rede social. E é gratis!
    A versión de escritorio é a que eu utilizo máis asiduamente, se bem atópolle unha grande carencia (se alguén sabe como se fai, que mo diga): non hai opción de seguir a usuarios novos dende dita aplicación.
    O curioso é que dende a mesma aplicación para iphone, sí que se pode… Pola contra, na versión de escritorio podemos editar os retwitts antes de publicalos, e na versión móbil non…
    …e na versión móbil non atopo a maneira de mandar unha mensaxe directa…
    O que máis me gusta é a súa interfaz, bastante agradable.
  2. itsyItsy: o rei das aplicacións “twitter minimal”. Incriblemente lixeiro, e cunha característica que me encanta… visualiza directamente as fotos que os usuarios cargan dende twitter, sen ter que premer ningunha ligazón. Forman parte do twitt!
    Inclúe notificacións growl (coma todos, vamos, pero que sendo tan minimal, é de agradecer que teña esta característica).
    Para o meu gusto, a letra é demasiado miúda, pero é unha aplicación moi, moi completa para o tamaño que ten.
  3. blck comment bubble twitterTwittdeck: é o amo, sobre todo para xestionar múltiples contas. A conexión con Facebook tamén facilita moito a xestión de redes sociais. Como está escrita con adobe air, é multiplataforma.Descarga aquí: TweetDeck
  4. Twitterrific: tamén me gusta, pero é de pago (non é bo nin malo. É diferente)
  5. socialite app icon 128Socialite: esta aplicación de RealMacSoftware é unha delicia. Fuxe de todos os clásicos das aplicacións de twitter e supón unha verdadeira novidade. Inclúe soporte para mooooitas redes, como facebook, flickr, twitter… pero é de pago. Aínda que hai unha versión gratuíta que da soporte a dúas contas ao tempo. Estade atentos á web que de vez en cando lanzan promocións para que saia gratis (dou fe de ditas campañas ;)

Sei que hai máis, moitos máis, como seesmic, twitterfeed (para ligar as publicacións dun blogue ao twitter), hootsuite (multiplataforma, e dame a sensación que é a aplicación de moda nestes intres)… e non é doado escoller.

E para iphone a cousa tamén se dispara, con oosfora, weet (da que disque está de camiño a versión de escritorio), as que nomeei arriba (excepto itsy e socialite) e moitíiiiisimas máis.

Cal é a mellor? Buf, é como pregutarlle a cada un cal é o pobo máis bonito. Cada un o seu! É preciso probar cal é a que máis nos gusta, a que MELLOR SE ADECÚA ás nosas necesidades e, sobre todo, aquela que aumente a túa productividade.

Utilizas algunha que non nomeei? Podes deixala nun comentario :)

2 respostas

    1. Pasados tres anos, diríache que para a xestión de contas de xeito persoal, valen perfectamente todas esas. Se, pola contra, pensas en contas profesionais, as miñas recomendacións son twittdeck e hootsuite.
      Twittdeck é moi boa para xestión de múltiples contas (sen límite), programar mensaxes e seguir a actividade de varias contas… pero ten un pequeno “erro” que aínda non solucionaron. Unha das contas sempre ten que quedar marcada como predefinida, polo que é frecuente ver tuits dunhas contas… noutras. Esto é o que menos me gusta e por iso conclúo en que a mellor é:

      Hootsuite é un WIN: multiplataforma, con posibilidade de integrar moitas máis redes, programación de tuits, incluso feeds rss, e a versión gratuíta permite ata 5 contas. Se necesitas unha pro (+5 contas, analítica, carga masiva de tuits) a conta pro comeza nos 6$/mes, unha cantidade bastante asumible.
      Saúdos!