Dende hai uns meses colaboro cunha empresa de Coruña para a actualización de varios blogues, ademáis deste (que está bem desatendido, por certo) polo que hai certas tarefas que é preciso automatizar para reducir o tempo que se invirte e, en definitiva, ser máis productivo.
Hoxe déixovos unha selección de aplicacións que utilizo para ser máis rápido, efectivo e consumir menos datos (cando utilizas a conexión, é de agradecer) á hora de actualizar blogues.
- Blogo (so para mac). A miña favorita (e dende a que escribín este post) pola súa sinxeleza e robustez. Aínda que sexa de pago (25$), merece a pena pagar por ela.Non atoparedes máis opcións que as básicas, pero eu agradezo sobremaneira o feito de poder subir imaxes e, ao tempo, o seu “thumbnail” co tamaño ao meu antollo, poder editar en en modo visual ou html e o contador de palabras / caracteres, que sempre é ben recibido.Incluso podes inserir artigos noutras plataformas como drupal ou joomla! Non me gusta: incluso a tamaño completo, a edición de entradas longas non é cómoda.
- Qumana (multiplataforma): Multiplataforma e gratuíto, podería ser a opción por defecto da meirande parte dos usuarios… pero non acabo de collerlle o punto a este programa. E non me gusta ter que borrar sempre o pé do artigo para eliminar a sinatura que deixa este programa por defecto.
É certo que ten a interfaz máis semellante ao editor de wordpress, e permite modificar ata os comentarios e pingbacks, data de creación e demais, pero non me convence. Supoño que a edición de artigo estará baseada no motor de safari e non me parece forte coma un programa externo instalado no meu equipo. - Mars Edit (so para mac): gústame a integración con flickr, e ten o look& máis semellante a Apple, pero os seus 39$ de custe da súa licenza bótanme para atrás.
- Ecto (win & mac) custa 19,95€ e, o mellor de todo, a licencia é válida tanto para windows como para mac (non tes que comprar dúas licenzas). Noméeo porque é unha boa alternativa aos anteriores, aínda que eu non o uso.
E xa para finalizar, un último imprescindible nos blogues se acostumamos a espallar as nosas entradas en redes sociais: twitterfeed, que publicará automáticamente as nosas entradas nas redes sociais que seleccionemos (entre as que ten) e lles deamos permisos (twitter e facebook, as máis empregadas, están soportadas)
E vós, utilizades algún cliente de escritorio que sexa recomendable?