Facebook é unha plataforma bastante opaca neste sentido. Nunca nos acostumaremos aos contínuos cambios de presentación da información, de reconfiguración sen o noso permiso das opcións de privacidade e do xeito no que filtra, aínda sen nós querelo, toda a información na nosa liña do tempo.

Se os contactos son nosos… por qué facebook non nos permite exportalos? Mesmo tan mal lle parece, que cancela aplicacións de terceiros para que poidan dar soporte a esta funcionalidade.

Afortunadamente, aínda nos queda unha alternativa, bastante sinxela ( e gratuíta) para poder extraer eses datos de contacto dos nosos amigos de Facebook.

 

  1. Crea unha conta en Yahoo mail (omitir se xa tes conta… os usuaios de Flickr ou Delicious saben de qué estou a falar)
  2. Loguéate e fai clic en Contactos > Importar
  3. Seleccionamos a opción de Facebook e importamos os datos de contacto á nosa axenda de enderezos.
  4. Exportar. Podes facelo en diferentes formatos, aínda que a min un dos que máis me gusta é “exportar en csv con comas“.

facebook mail backupDesta sinxela maneira poderás exportar os datos de contacto do teu perfil de Facebook. Ollo, só perfil, en ningún caso páxina de fans ou grupo.

NOTA: en todas as contas nas que levo importado contactos, nunca fun quen de extraer máis de 600 contactos (é importante, dado o elevado número de amigos que teñen algúns perfís). Non sei se é un bug ou algún outro problema coa exportación, pero quería deixalo anotado.