Especial "Wi-Tip" con @dorfun: falemos sobre odio e(n) internet

Podcast

O titular ben podería ser que Amador é unha “persoa de bata”, pero o eixo temático deste capítulo son os odios en internet e sobre a tecnoloxía. Que cousas aborrecen Amador e Xabi? Sobre que falamos de discursos de odio en liña? Todo isto e moito máis (escuro) nun episodio que remata coa luz das recomendacións deste episodio de outono.