Buffed
photo credit: Daquella manera

Cando volvín para Pepín, unha das cousas que máis me preocupaba era o acceso a Internet. Resultaría difícil utilizar a rede como ferramenta cando o único acceso que Telefónica Movistar Fijo so ofrece 56kbps de velocidade. Certamente, iso era unha condena!

A solución atopeina con Vodafone e a súa tarifa plana de datos. 45 euros ao mes por un tráfico “ilimitado” (4Gb de descarga sen límite de velocidade, e reducción da velocidade de descarga en momentos de conxestión de rede, que no verán… é máis que probable)

O que eu non sabía é que vodafone, por ter contratadas (entre outras) esta tarifa plana, che regala un teléfono fixo, que conta de:

Esta promoción está activa dende marzo e estará ata o mes de setembro. Seica un xulgado lles obrigou a retirar a promoción (no 2009) e non me parece descabelado que lla obrigaran a reabrir este ano (sen publicitala demasiado)…

Para activar a promoción, é preciso chamar ao 1444, solicitala e esperar a que vos envíen o terminal e os datos á casa. Logo, unha chamada ao 123 para que che activen o teléfono e as cotas gratuítas… e a disfrutar da promoción!

Eu aínda estou á espera do terminal, xa vos contarei cando chegue cómo funciona e se merece a pena.

ACTUALIZACIÓN: ao parecer, Vodafone decidiu unilateralmente ue non podía disfrutar da promoción (non me deixa dala de alta nin na web nin en tenda de distribuidor polo que non vos podo contar como foi a cousa…
No entanto, esta promoción é posible volva saír á luz máis adiante, polo que en canto me entere da nova promoción, faréivolo saber.

Unha resposta