Linear video editing console1 thumb1Editar vídeo en HD sería moito máis fácil se as guerras polos estándares non existisen. E as guerras non serían tan malas se non se disparasen balas…
Despois desta parvada, e despois de moitas voltas, comparto as solucións que atopei para editar vídeo en HD en Mac.
Comezarei contando cal é o meu modelo de cámara, unha NX5E de Sony. Si, Sony. Moi boa marca, pero moi pechada. Queren que utilices o seu hardware, e o seu software. E despois falan de Apple (non moi diferente neste sentido).
Esta cámara grava arquivos nun formato coa extensión “.M2T” que nos trae loucos aos que usamos os equipos de Cupertino. Principalmente porque ningún do software de Mac da soporte nativo a este formato. Nin sequera Final Cut Studio, o software “máis profesional”.
Pois aquí están as opcións para editar eses arquivos en Mac

adobe premiere pro cs1 thumb1· Opción sinxela (pero cara): utiliza Adobe Premiere CS5. Concretamente este por dar soporte nativo a arquivos en formato AVCHD (coma os .MTS). Dende a última versión do 2010, a exportación do material editado non fai uso de “adobe media converter”, un auténtico incordio para os usuarios da mazá que editaban con final cut en CS4 (síntome moi aludido)

· Opción fácil e intermedia:
Conectar a cámara por USB, abrir imovie e seleccionar “importar desde cámara”. Así poderás importar os arquivos que precises.Utilizará o formato .mov, co que poderás editar en calquera programa de edición de vídeo de mac.

· Opción estándar
Utilizar a función “log & transfer” de Final Cut. A min non me gusta. Teño unha cámara que grava en tarxeta de memoria para evitar perder o tempo en volcado de brutos, así que utilizar un conversor, aínda que sexa de Apple, non me parece a solución. Máxime cando non vai todo o fino que debera e usa uns tempos algo desmedidos segundo o formato concreto do que proceda o orixinal.

icono voltaic 100x1 thumb1
Se todo o anterior non funciona, xa sabes o que toca: conversión. Bótalle un ollo a este programa (Voltaic) e comproba se a túa cámara é unha das da lista
Xa tes solución

Se, aínda así, a túa cámara non está la lista (como me sucede a min), presta atención ao seguinte parágrafo (si, ben sei que perdiches moito tempo para chegar aquí, pero seguro que algo diso non sabías)

A solución última en conversión de vídeos é MAcX Video Converter Pro, que, atención, é GRATUÍTO ata o 15 de novembro (con este número de licencia AY-DSJGNKY-6E7E777) polo que vos aconsello que o descarguedes e gardedes o código de activación, por se algún día o necesitades (non ten por qué ser hoxe)

macx video converter pro1 thumb1A conversión é o suficientemente boa, os ratios de compresión son máis que aceptables, e se ben a configuración do son é algo que non sae á primeira, é máis que recomendable a utilización deste programa.