cshg11 e1277993911111
Portal web do Centro Superior de Hostelería de Galicia

O Centro Superior de Hostelería de Galicia é un centro formativo de alto nivel onde se forman directivos hosteleiros. Posiblemente sexa un dos mellores centros de Europa, aínda que aquí en Galicia é ben descoñecido.

A redacción destes textos supuña un reto ben interesante: comunicar as estupendas instalacións, equipo docente e plan de estudos sen deixar de ter presente que a quen se dirixía o portal era a futuribles alumnos de 18 anos, con hábitos de lectura diferentes e moi acostumados a utilizar os recursos da web.

O deseño, utilización das cores e o apartado técnico foi implementado pola empresa santiaguesa Agalip, con quen camiñei máis adiante logo desta primeira colaboración xuntos.

Como recomendación, pasen polas súas instalacións de A Barcia durante o curso académico para quedar a comer un día. Verán as instalacións, disfrutarán dunha boa comida a un prezo reducido e, quen sabe, pode que ata descubran unha profesión que nin sequera coñecían!