Dende o peche de DemosWP e a delirante suba de prezos de Pilvia o pasado mes de maio quedei orfo de alternativas gratis para instalar wordpress. Como docente, nas materias vinculadas co desenvolvemento web céntrome moito nos CMS e, dentro destes, case exclusivamente en WordPress pola súa sinxelexa, curva de aprendizaxe e enorme comunidade de desenvolvedores e posibilidades.
No entanto, a principal barreira de entrada é a instalación deste software, que require de certos coñecementos técnicos, como saber qué diantres é PHP e para que precisamos unha base de datos…
Como moitos xa sabedes, a instalación de dous minutos que indica o Codex de wordpress é unha das grandes mentiras de internet, so á altura de “lin os termos de uso”
É por iso polo que fixen un repaso de posibles alternativas para podes instalar wordpress para facer probas ou simplemente, os nosos primeiros pasos con esta ferramenta. Agrupei as alternativas GRATUÍTAS en dous apartados: instalacións locais e servidores gratuítos en vivo.
Instalacións locais
Este tipo de instalacións teñen a vantaxe da rapidez… pero a desvantaxe de poder acceder dende diferentes equipos (para min é fundamental polo traballo docente remoto)
XAMP (ou MAMP se empregas mac): é a opción que máis se emprega polas posibilidades de configuración, pero a que menos me gusta, así que so a nomeo.
Local by Flywheel: a miña aposta gañadora. Sinxelo, gratuíto e potente. E mesmo ten unha opción para poder compartir a web en vivo e que outra persoa dende outro equipo poida acceder á web. Encántame, e sempre comparto este recurso nas miñas formacións. De feito, aquí vos deito un videotitorial que amosa como instalar en local WordPress.
Bitnami WordPress installer é outra opción sinxela a considerar. Pero claro, FlyWheel funciona tan ben… que para que adicarlle tempo a esta!
Serverpress. Simplemente o cito por se queredes probar outra opción en https://serverpress.com/get-desktopserver/ ou https://wpengine.com/local/
Instalacións en servidores gratuítos
Este tipo de instalación ten a vantaxe de poder acceder dende diferentes equipos… pero a desvantaxe de que, xeralmente, os servidores son moi lentos. Con todo, aquí van algunhas opcións bastante decentes.
000webhost https://www.000webhost.com/
É unha boa ocpión con dominio gratis (con apelido 000webhots.com) pero con psibilidade de mudar dns e apuntar outros dominios (tamén gratuítos), con acceso ftp e base de datos, e instalación sinxela da ferramenta con poucos clips. Mesmo podes ter dúas instalacións de wordpress.
En xeral, e para ter 10gb de transferencia (1Gb de espazo) está moi ben.
Mete algo de publcidade, no frontend é discreta (abaixo á dereita) pero no backend é constante e molesta.
Sen embargo, o peor deste servizo é que é leeeeento, máis lento có FEVE en obras. En serio, ás veces é desesperante…
Pero polo prezo, é unha opción a considerar.
AwardSpace https://www.awardspace.com/free-web-hosting-registration/
Outra boa opción con acceso a CPanel, bases de datos, instalación de wordpress sinxela e bastante rápido, ou polo menos mais cá opción anterior.
A pega? que tes unha limitación de arquivos que podes subir… en forma de tamaño: non podes cargar ficheiros de máis de 10mb.
Tes un espazo de 1gb en disco e 5gb de transferencia, que non está mal para o servizo que fai.
Byet.host https://byet.host/free-hosting/news
Unha solución con instalación moi sinxela. Crear a conta e loguearse no cpanel para empregar o instalador de softaculous. Tamén é bastante rápido e non mete publicidade no front-end.
https://jurassic.ninja/ isto é para vagos ou begginers pero moi, moi beginners!
Este servizo crea un a wordpress de proba que dura 7 días. Máis simple non pode ser, xa que so tes que dar 1 CLIC. E mesmo ten acceso por SSH e SFTP.
Se queres probar de que vai o tema, jurassic ninja é a túa mellor opción!
https://wpsandbox.net/ para crear un wp para probar con 24h de vida. Ese é a gran limitación, pero vamos, que para trastear ben vale
(actualización) TrincheraDev: grazas ao aporte de Juan, engado https://trincheradev.com/, que parece xurdir das cinzas do defunto DemosWP. Este servizo permite crear unha instalación de WordPress cubrindo simples pasos, pero terás que acceder a esa instalación alomenos unha vez á semana se non queres que desapareza! O espazo é limitado (500mb) pero para facer probas, está xenial. Ah, e en castelán.
Bonus. Opcións de pagamento, pero con plans asumibles para proxectos pequenos
Pilvia: os prezos non son o que eran, pero para comezar… pois pode ser interesante. Pagando, claro.
wpquasar: prezos dende 20$ https://www.wpquasar.com/pricing/
wetopi: prezos dende 9,2$mes https://wetopi.com/pricing/
bitwp: prezos dnede 9$ mes https://bitwp.io/pricing/
CloudWays: prezos dende 10€ mes https://www.cloudways.com/en/pricing.php
Boas Xabier! El antiguo demoswp.com que cerró ahora ha «reaparecido» dentro de TricheraWP. En la web https://trincheradev.com/ puedes crear de manera gratuita un WordPress en segundos de manera gratuita :) Para casos donde no puedes usar Local, para mí, perfecto :D Están detrás Aníbal (el creador de DemosWP) e Ibon, así que son de fiar ;)
Canto aprendo contigo, Juan! Grazas pola recomendación, actualizarei o post.