Cada día atopo máis xente que non se sinte a gusto en Facebook e decide darse de baixa desta rede social. Non entrarei a valorar os motivos, pero sí quería deixar constancia de dúas formas ben diferentes de “desaparecer de facebook”: de forma temporal ou de forma permanente

Desaparición temporal

M Id 292775 facebookÉ a opción que queda máis ás vistas nesta rede social, e á que é máis fácil chegar: Configuración da conta > seguridade > desactivar a túa conta. Ou simplemente, introducir esta URL no navegador https://www.facebook.com/deactivate.php

No caso de desactivar a conta, facebook preguntarache por qué e tentará que te quedes… pero o máis importante é que revises se tes algún privilexio de administrador sobre algunha páxina.

* Ollo! Se administras algunha páxina con ese usuario, ten conta do que pode pasar se marchas! Esa páxina, en palabras textuais de facebook This page will no longer be published if you deactivate your account; isto é, desaparecería!

Entendo que a páxina desaparecería se so ten UN único administrador. Ten a súa lóxica, non pode quedar orfa sen que poida haber opcións de actualización. Aínda así, non podo falar dende a experiencia, xa que nunca corrín o risco de deixar unha páxina orfa. O que debemos facer é nomear outro administrador da nosa confianza (que tal unha conta paralela nosa?) para poder dar de baixa ao usuario inicial sen problema

Non fai falla dicir que, se volvemos a loguearnos en facebook, o usuario pode reactivarse.

Borrar a conta definitivamente

No caso de querer eliminar definitivamente a túa conta… non é tan sinxelo chegar á opción para facelo, pero podes probar con esta URL https://www.facebook.com/help/delete_account

O proceso non é automático, senón que che ofrece 14 días de prazo para que, se te arrepintes, poidas conservar esa conta.

Pasados eses días, podes intentar loguearte de novo, comprobarás que non existirá ningún usuario ligado ao correo empregado, e poderás rexistrarte de novo con ese enderezo electrónico, se así o desexas

 

Un último consello

Se realmente queres desaparecer de Facebook, ben sexa de forma temporal ou permanente, aconsélloche que fagas unha copia de seguridade dos teus datos, á que podes acceder a través de  Configuración de conta > Descargar unha copia dos teus datos do Facebook (ao fondo, debaixo da preferencia de “idioma”). Sempre está ben ter unha copia de tooooda a túa actividade. Comprobarás ata que punto Facebook sabe de ti con toda a información que fuches publicando)