tembiasa8
photo credit: Tetsumo

Ás veces as circunstancias da vida empúrrante cara certas situacións nas que noutros momentos non te atreverías.

Se hai uns anos me dixeran que me faría autónomo e me adicaría ao mundo da comunicación, probablemente diría “están locos estes romanos!”

Pero aquí estou, tratando de emprender a miña propia aventura!

“Entón que dicías que fas? Páxinas wef e iso?” é o máis habitual que escoito. Dende logo, arriscado é, sobre todo nun entorno tan pouco industrializado e pouco urbanizado como é a comarca de Monterrei. Pero non por iso vai a ser imposible. Haberá que intentalo!

En realidade a aposta é máis arriscada. Trátase de profesionalizar e dignificar o mundo da comunicación. Un mundo complexo, no que todo o mundo pode(mos) e parece(mos) opinar, pero no que non é tan sinxelo facer as cousas ben.

Tratarei de actualizar periódicamente este espazo, onde intentarei contar as cousas que me acontecen no día a día desta aventura, así que, se che parece interesante… lémonos por aquí!

Ata o seguinte post!