Charla sobre redes sociais na #fcsc

O pasado día 3 de decembro estiven na facultade que me pariu dando unha charla sobre redes sociais (go to: previous post). Non entro a valorala porque Jorge Cesantes xa o fixo como xornalista que é (e autor da fotografía que acompaña este texto), baixo este artigo “De lo que supone un viral al NO VA Galicia“.

Simplemente matizar a primeira frase que me atribúe e que considero incompleta:

“Non sei se Facebook e Twitter seguirán abertos en 2020?

e que debería rematar así:

“do que sí estou seguro é que será algunha outra ferramenta quen lle tomará o relevo e que nos permitirá comunicarnos entre nós con outras funcionalidades ou as mesmas, melloradas”

Déixovos coa presentación, se lle queredes botar unha ollada (está colgada no meu perfil en Slideshare)