Como xa saberedes, as inclemencias meteorolóxicas non dan tregua e, xunto coa organización, decidimos cambiar a miña charla para o sábado pola tarde. Desculpade por avisar tan tarde, pero a neve a nós tampouco nos avisou : (


O vindeiro venres pola tarde estarei na Kutruparty dando unha charla sobre cómo traballa un Community Manager.
A “Kutru” é unha das principais “party’s” de Galicia (co permiso da XGN), polo que é unha honra estar aló!
Básicamente o que vou a contar é cómo traballa un xestor de comunidades online, cal é o día a día, algúns dos trucos e ferramentas que utilizo, consellos e demais.
Se vos mola o “rollo dos ordenadores”, é unha ocasión perfecta a desta party.

Ademais das actividades de ocio coma o torneo de Poker ou o partido de footbol, hai unha serie de talleres MOI interesantes sobre javascript, symfony, jailbreak para iphone, informática e radioaficionados…

Vémonos na @Kutruparty?