As novas da Zona Wifi (vol. 1)

Máis vale tarde ca nunca. Xa hai ben tempo que quería comezar unha newsletter. Mellor era publicalo no blog (igual o fago), pero tiña ganas de probar substack. Ia idea desta publicación, que non ten aínda periodicidade pautada, é compartir aquelas lecturas que gardei ou que me fixeron cavilar. Son, sobre todo, cousas de tecnoloxía, […]
As novas da Zona Wifi

Welcome to A newsletter de Xabier Rolán by me, Xabier Rolán. Sign up now so you don’t miss the first issue. In the meantime, tell your friends!
Que tal se probamos a desintoxicación dixital? (2ª parte)

Velaquí vai a segunda parte prometida (se non sabes de onde ven este artigo, podes comezar por aquí). En realidade estas liñas son un extracto moi sintético do que foron os últimos meses no que respecta á miña relación coa xestión de comunidades virtuais e uso de pantallas interactivas. No teléfono Comecei por eliminar as […]
A miña configuración para a teledocencia

Hoxe comparto convosco a miña configuración para a teledocencia, tanto síncrona como asíncrona, baseada nesta experiencia de uso forzada (pero so un pouco) do último ano. A verdade é que me sinto bastante cómodo. Sigo preferindo a formación presencial (por iso organizo cursos presenciais), pero en situacións particulares ou con algunhas materias singulares creo que […]
Twitter, muller e xornalista/política. Combinación nefasta

O pasado luns 1 de marzo o Diario da Universidade de Vigo facíase eco da investigación que a Dra. Teresa Piñeiro e máis eu, no marco da Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-Uvigo, fixemos a finais do 2020. Unha investigación na que recollemos máis de medio millón de tuits emitidos ou que citaban a 50 mulleres […]
É o target, estúpidos!

O título deste artigo é o plaxio do plaxio. Se Bil Clinton pasará á historia pola súa frase “Its the economy, stupid!”, esa frase reformularíase na internet e no mundo da comunicación como “É o contido, estúpido” como referencia a que o contido é o rey da internet. Tampouco fai falla atribuírlle o éxito da […]
A miña experiencia de uso despois de dous meses cuns AirPods Pro

Este Nadal caeron os AirPods Pro. Non era un trebello polo que devecera, pero claro que me fixo ilusión. E despois de ler moito sobre eles (supoño que vós tamén meditades as vosas compras ou caprichos con Google, non?), creo que a mellor aportación que podo facer é a miña valoración sincera despois de empregalos […]
Manifesto polo traballo en liña non tóxico

2020 foi o ano do coronavirus, iso está claro. Pero esa crise fixo aparecer outras eivas, mesmo enfermidades, ás que tamén é preciso prestarlle atención. E ese é o punto de partida deste manifesto: o aumento da toxicidade laboral, o enrarecemento das relacións a distancia (mesmo sen distancia) escudadas detrás das palabras en correos electrónicos […]
Que tal se probamos a desintoxicación dixital? (1º parte)

Este artigo tronzou todas as esperanzas que tiña este ano nas novas tecnoloxías. Non é que non se vise vir, pero pensaba que este “hastío vital” que estaba a pasar eu coa miña presenza en redes sociais era unha teima miña, e resulta que é máis global do que parece. Velaquí algunhas frases que recolle […]
Nova edición do obradoiro “Creación, xestión e posicionamento de páxinas web desenvoltas con WordPress”

Un ano máis, volvemos á carga co obradoiro “Creación, xestión e posicionamento de páxinas web desenvoltas con WordPress“. E xa van tres edicións. Se che interesa podes facer a matrícula aquí, pero faino rápido que o prazo remata o 21 de febreiro! Este ano non contamos co bo saber facer de Juan Hernando, seguro que […]