O meu concello pásase ao .gal

Captura de pantalla 2016 05 18 a las 09.44.17

Dende onte, e “coincidindo co día das letras galegas e o día de internet” (vaia casualidade, va que si ;-) o concello de Castrelo do Val ten nova web e pásase ao dominio .gal. A anterior web foi, posiblemente, un dos meus primeiros proxectos “serios”, aló polo ano 2008. Era unha web moi completa, multilingüe, […]

Vento Ferido, a web

Captura de pantalla 2016 01 27 a las 19.01.37

O pasado domingo 24 de xaneiro estrenouse en Ourense a serie Vento Ferido, un proxecto elaborado por alumnos e alumnas de 4º de Comunicación Audiovisual rodado íntegramente en Celanova, baixo a produción executiva de Paulino Pérez Feijóo. Aproveitando a ocasión e a estrea en Ourense, tamén se lanzou a web http://ventoferido.webs.uvigo.es, que conta cunha unidade didáctica […]

Ano novo, proxectos novos

idea b

Este ano os reis deixáronme un novo proxecto. Ben, en realidade, trátase dun vello proxecto, deses que un axuda a parir. Diso xa fai tempo, foi polo 2013. Volvo a Xente Dixital. Volvo ao blog da Amtega para o fomento da tecnoloxía entre todos os sectores da poboación galega, con especial atención aos menos tecnoloxizados. […]

Website Gimnasia Emocional

Captura de pantalla 2015 03 27 a las 21.20.13

Velaquí o primeiro produto en colaboración con Juli Molares nunha “Unión Temporal de Empresas” (con nome determinado e logotipo en camiño) na que Juli aporta o deseño visual e composición e eu aporto a arquitectura da información e o tecido da web en wordpress. Trátase dunha web feita en wordpress, coa información aportada polo cliente, con […]

XGN. Non vos perdades…

xgn

… as charlas e a sesión de Startup. Sei que son un pesadiño estes días con este tema, pero podedes atopar información moi interesante neste evento. Especialmente relevantes me parecen os relatorios de Javier Megías, Leopoldo Abadía, Enrique Dans e Rubén Bastón, así que… animádevos a participar! Vémonos dende hoxe no Pazo de Congresos de […]

Sígueme tamén na eira do mac

Captura de pantalla 2015 03 27 a las 21.45.08

Agora, se che gusta o mundo mac, tamén tes un novo blogue en galego. Chamase “A mac-eira” e nace arroupado pola rede de blogues de tecnoloxía de “mallando” (corríxanme os autores se me equivoco). De vez en cando desperdigarei algunhas palabras por aí, referentes ao mundo mac, a miña experiencia como usuario do sistema da […]

Xogando co RSS

Captura de pantalla 2015 03 27 a las 21.43.17

Lía hai uns días unha nova sobre a morte do RSS (lmento non enlazala, non a atopo agora mesmo) que me deixaba bastante preocupado. Sempre fun usuario dos RSS, sobre todo dos blogues que máis me gustan, e o lector de feeds é un dos programas que máis utilizo tanto no ordenador coma no meu […]

Vídeo “Romaría dos Danzantes”

Captura de pantalla 2015 03 27 a las 21.36.45

Vídeo que recolle a actuación da Romaría dos Danzantes de Fontefría, unha das últimas danzas brancas ourensás.
· O vídeo foi tomado cunha cámara Sony NX5-E
· A montaxe está realizada en Premiere

Redeseño + actualización web CRDO Monterrei

Captura de pantalla 2015 03 27 a las 21.42.00

Redeseño da web do Consello Regulador da Denominación de Orixe de Monterrei.
Redeseño estético e dalgúns contidos estáticos.
Implementación da sección de novas e dunha galería fotográfica.
Web baseada en CMSimple