S04 E2 Probando xeradores de texto sintético (ChatGPT, Claude) con Poe
Mini capítulo para falar de www.poe.com e que vos permite facer. Se queres suscribirte ao boletín, estou en https://xabierrolan.substack.com/ — Support this podcast: https://podcasters.spotify.com/pod/show/xabierrolan/support
SO4 E3 Volta ao cole, pero con menos cousas.
Hoxe, en ‘Zona WiFi Fuera de Cobertura’, damos a benvida á ‘Volta ao Cole Tecnolóxica’. Pero, en lugar de engadir máis dispositivos ao noso arsenal, falaremos de por que decidín desfacerme de algúns deles. ¡Menos é máis!” — Support this podcast: https://podcasters.spotify.com/pod/show/xabierrolan/support
S02 E15 Especial "Wi-Tip" con @dorfun: PRODUTIVIDADE. Así, con maíusculas (episodio 1)

Esta semana falamos sobre produtividade. Comezamos co correo electrónico, pero prometemos que falaremos outra vez sobre este tema, porque atallos, rutinas, pequenas apps ou metodoloxías… son parte do noso día a día.
Especial "Wi-Tip" con @dorfun: falemos sobre odio e(n) internet
O titular ben podería ser que Amador é unha “persoa de bata”, pero o eixo temático deste capítulo son os odios en internet e sobre a tecnoloxía. Que cousas aborrecen Amador e Xabi? Sobre que falamos de discursos de odio en liña? Todo isto e moito máis (escuro) nun episodio que remata coa luz das […]
Especial "Wi-Tip" con @dorfun e @evelio_sj: What the BIM is this!
Desta volta conversamos un rato con Evelio Sánchez, apaixonado da tecnoloxía que (sobre)vive no sector da construción, autor do podcast @BIMras sobre metodoloxía BIM. Achégate a coñecer a conexión entre tecnoloxía e construción civil, que para iso temos un convidado de excepción!
Especial "Wi-Tip" con @dorfun: Volvemos ao cole
Amador e Xabi volven ás andadas podcasteiras falando de como foi o verán, da progresiva desaparición da carteira e dos contrasinais. Velaquí algunhas cousas das que falamos e recomendamos: Newsletter de Amador Newsletter de Xabi Serie For All Mankind App Stocard
Especial "Wi-Tip" con @dorfun: edición de verán (tecnolóxico)
Antes de marchar de vacacións, Amador e Xabi falan un pouco sobre as novidades tecnolóxicas do verán, sobre todo o ligado coas virtualizacións (Windows 365 vai a poder executarse dende un navegador), a cultura da suscrición, como está a ser a evolución das grandes tecnolóxicas… e para rematar, un par de recomendacións para que pases […]
Traballar cunha tablet (ipad). É posible? Merece a pena?
Levo tempo pensando en facer este podcast (un ano acumulando experiencias). Merece a pena traballar cunha tablet? Substitúe o ipad ao ordenador? Que vantaxes ten? E os principais inconvenientes? Que trebellos precisas para acompañar a tablet? Agardo que a miña opinión –baseada na experiencia– vos sexa útil.
[Entrevista en RadioVigo] Como nos comportamos os iberomericanos durante a pandemia
Que ben me prestou conversar con @jacobobuceta sobre o proxecto de #covidstagram que temos en marcha entre as universidades Estadual Paulista, Brasilia, Coruña e Vigo. Conversa nada técnica, non vos preocupedes. É amena. Non é Zona Wifi nin Wi-tip, pero paga a pena.
Mellora a wifi do teu fogar: extensor wifi, PLC, wifi mesh???
A meta-wifi! Hoxe na Zona Wifi imos a falar de Wifi. Para non quedar “fóra de cobertura”. Si, seino. Estou “sembrado”. Pero agardo que vos sexa útil: extensor wifi, plc, wifi mesh… esta é a miña experiencia na casiña.