Este luns estarei na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicaición (onde estudei) para dar unha pequena charla sobre o uso das redes sociais para campañas de comunicación, virais, erros en social media e ferramentas útiles (gratuítas ou de custe moi reducido) para xestionar redes, monitorizar accións e medir o noso impacto en redes sociais.

1bD6h copia1

Por suposto, estades convidados a pasar pola facultade. Entendo que a charla se estenderá un pouco máis para respostar a dúbidas, cuestións e xerar un coloquio bidireccional… que para iso están as redes sociais: para aproveitar a interactividade e enriquecer a conversa.

Agradecendo (e moito) a Alberto Dafonte o seu convite, vémonos o luns ás 15:00h no salón de graos da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, campus de Pontevedra.

PD:  se a persoa que deseñou o cartel (cónstame que está na facultade) está pola sala, que avise, para felicitala persoalmente polo deseño!

Unha resposta