5 características que le hacen falta a Twitter en ALT1040 Destacadas (vía ALT1040)

No blog ALT1040 repasan algunhas das características que bilan pola súa ausencia en twitter. vou a nomealas (estou 100% dacordo con elas) e explicar por qué a min me parecen necesarias, e incluso apuntar movementos futuros

Fail Whale
photo credit: bdesham

Twiiter como empresa ten que manexar uns datos estatísticos im-pre-sio-nan-tes. Atreveríame a dicir que ao nivel de Google. Aínda que de sesgo e uso minoritario, twitter supón unha verdadeira fonde de información sobre o que acontece na realidade.

Estaría ben que Twitter cedese algunhas desas características para que fósemos conscientes do que se move nesta rede… aínda que só fosen parámetros básicos de uso, interacción… como acontece coas páxinas de facebook (pero a nivel usuario)

Está moi ben saber cales son os temas do momento, pero todo iso queda pequeno cando saltas do tempo presente (que, por outro lado, é ben efímero). ¿Por qué non podemos ver un histórico de twitts? A primeira vez que mo plantexei foi cando @albertodafonte preguntou por unha ferramenta que gardase ese histórico en España… e non houbo nada parecido ao que moitos usuarios demandaban.

Esta característica tamén a boto en falta en facebook. Ou borras o twitt, ou deixas as cousas como están. Pero… se ata o correo de google che permite desfacer un corrreo recén enviado, ou un filtro para non enviar cousas das que nos arrepentiríamos… as madrugadas dos sábados.

Por qué twitter non pode ter algo así?

Carencia que existe ata nas aplicacións de escritorio / móbil. A xestión dos contactos de twitter é moi limitada. Unha das cousas que máis boto de menos é saber quen e en que momento te deixa de seguir.

Non creo que sexa algo fundamental, pero sí que sería interesante nun futuro un buscardor dos nosos tuits, e incluso que se puideran agrupar por temáticas

Posibles movementos

Todas estas cousas comentadas fanas, en maior ou menor medida, servizos de terceiros, sen embargo sería interesante ter todos eses servizos unificados e públicos para todos.

O futoro téñoo moi claro. Os experimentos sobre a rendibilidade de twitter (tuits promocionais… etc) poden levarnos cara unha versión premium, con todos estes servizos (e máis) incluídos, orientado a CM’s especializados nesta rede social.

A pregunta é se estaríamos dispostos a pagar por estes servizos e qué cantidade, no caso de resposta afirmativa.

Pagaríades vós por mellorar twitter?

2 respostas

  1. O de editar os twitts… home, si que é certo que algunha vez o botei en falta, pero o de borrar os de borrachera.. POR FAVOR!! Se é o máis gracioso de twitter xDDD

    Ao marxe da coña, totalmente de acordo, sobre todo no buscador propio de twitts, aínda que coa cantidade de twitts de millons de usuarios, para Twitter quizais sexa MOI caro.

  2. A min non me importa demasiado ter que ir por terceiros para acadar algúns dos servizos que comentas. Por exemplo, eu emprego Qwitter para saber quen e cando me deixan de seguir. Sei que hai outros servizos para ver a quen segues sen que te sega, pero a min iso dame igual.
    As estatísticas xa están implementadas para os que se publicitan, sexan co Promoted Trend, Twits ou Accounts. É dicir, para os premium. Podedes velas eiquí: http://business.twitter.com/advertise/analytics
    Estaría ben poder ter acceso a elas sen contratar publicidade, incluso se tes que pagar algo.
    O de editar os tuits publicados… podes bórralos e reescribilos. Pouco aconsellable na meirande parte dos casos, excepto se foi un erro tontorrón, non vale arrepentirse.