Logo do parón entroideiro – un sentimento que se leva dentro – toca volver a poñerse ao día!

EDITO – CAMBIO DE DATAS
——————————-
Os martes 26 de febreiro, e o martes 5  e 12 de marzo, en horario de 16:00h a 20:00h
——————————-

A semana que ven impartirei, xunto con Sandra Mosquera, unhas xornadas sobre o uso das redes sociais e a web 2.0 en institucións e organizacións políticas.
Desde aquí, un especial saúdo para Celso Cancela, quen me contactou para estas xornadas que se estenderán durante tres semanas, os martes 26 de febreiro, e o martes 5  e 12 de marzo, en horario de 16:00h a 20:00h na facultade que me pariu, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo.

Ao longo das tres xornadas falaremos das redes sociais e o seu uso hoxe en día no ámbito político, analizaremos varios casos prácticos – e recentes – de comunicación institucional e debatiremos sobre as campañas políticas actuais e o papel que nelas xogan as redes sociais e a web 2.0.

 

En principio, teñen preferencia na inscrición os alumnos da titulación do Grao en Dirección e Xestión Pública, pola propia vocación do curso. No entanto, será de interese para todos aqueles que teñades o formiguillo da comunicación política e institucional (tan, tan diferentes… ;), así que se o cartaz ou o que vos conto vos consigue transmitir o suficiente interese, podedes poñervos en contacto con ccancela@uvigo.es para a inscrición no curso. É de balde, pero, ollo, as prazas son limitadas!

 

EDITO – CAMBIO DE DATAS
——————————-
Os martes 26 de febreiro, e o martes 5  e 12 de marzo, en horario de 16:00h a 20:00h
——————————-

3 respostas